O PSdeG aposta por unha campaña “de proximidade” e piden que a xente utilice o seu voto “como ferramenta para acadar unha Europa social e solidaria”

O PSdeG aposta por unha campaña “de proximidade” e piden que a xente utilice o seu voto “como ferramenta para acadar unha Europa social e solidaria”

O PSdeG aposta por unha campaña “de proximidade” e piden que a xente utilice o seu voto “como ferramenta para acadar unha Europa social e solidaria”

“Temos que deixar atrás as políticas da Troika e entrar na etapa de crecemento e igualdade pola que loitaremos os socialistas”, asegura Pilar Cancela

Elena Valenciano participará nun mitin o día 19 en Vigo e o peche de campaña será en Santiago con Eduardo Madina

O Partido Socialista de Galicia apostará na campaña para as eleccións europeas que comeza na noite do xoves “pola proximidade, a cercanía e o contacto directo coa xente”, co obxectivo de pedir aos cidadáns que o 25 de maio “utilicen o seu voto como ferramenta para unha Europa social e solidaria”.

A secretaria de Organización do PSdeG e coordinadora da campaña, Pilar Cancela, presentou hoxe os actos principais que, baixo o lema Ti moves Europa, organizarán os socialistas. “A mobilización da xente é moi importante, os cidadáns teñen o seu voto para decidir entre a socialdemocracia e a igualdade ou as políticas de recortes da dereita”, manifestou.

Á marxe do candidato José Blanco e o secretario xeral galego, José Ramón Gómez Besteiro, que terán actividades a diario, o día 19 en Vigo participará nun mitin a cabeza de lista da formación, Elena Valenciano, mentres que no peche en Santiago do día 23 estará Eduardo Madina.

Tamén participarán noutros mítines organizados polos socialistas galegos o secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba (o 16 en Lalín e A Coruña), Ramón Jáuregui (Ferrol, día 21) , Patxi López (Pontevedra, día 15), Óscar López (Vilagarcía, día 11) e o ex presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero (Ourense, día 13).

“Queremos trasladarlle á cidadanía que os grandes obxectivos dos socialistas son a recuperación do emprego estable, a igualdade, o apoio ao sector industrial galego ou as axudas para as pymes”, asegurou Cancela, que anunciou actos con colectivos de emigrantes, representantes do sector primario, pensionistas e incluso unha reunión con socialistas do norte de Portugal.

Cancela explicou que desde o PSdeG solicitouse por carta ao PPdeG un debate entre José Blanco e Francisco Millán Mon, que o Partido Popular rexeitou, e lamentou a cobertura dos medios de comunicación públicos galegos, “que anuncian un debate entre os catro candidatos na TVG2 e as entrevistas no programa Bos Días, nun horario con audiencia reducidas”.

“Cremos que a distancia en intención de voto entre o PP e o PSOE é estreita, polo que tentaremos mobilizar á xente, Galicia e España xóganse moito nestas eleccións; temos que deixar atrás as políticas da Troika e entrar na etapa de crecemento e igualdade pola que loitaremos os socialistas”, afirmou Cancela.

“É evidente que a maioría conservadora que goberna en Europa ofrece máis do mesmo: máis austeridade, máis recortes, máis sufrimento; por iso pensamos que chegou o momento do cambio, Europa necesita un Goberno socialista para iniciar a recuperación real, a recuperación dos cidadáns”, engadiu a secretaria de Organización do PSdeG.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Eduardo Veiga
    Maio 7, 2014 a 16:23

    Pilar, os socialistas SEMPRE loitamos por o socialismo; outra cosa e loitar por algo que non entendemos como e o que defende Valenciano, a socialdemocracia, ¿ que cousa e esta ? ¿ cal e o ideario socialdemócrata ? ¿ en que congreso se decidiu que pasábamos de ser socialistas a ser socialdemócratas ?
    En fin, como sou do partido votarei a os meos, pero que quede claro que será en contra de o meo pensamento.

Deixar a resposta

Pechar