O PSdeG apoiará as investiduras de gobernos de progreso e traballará en fórmulas que lle dean estabilidade e xeitos de gobernabilidade

O PSdeG apoiará as investiduras de gobernos de progreso e traballará en fórmulas que lle dean estabilidade e xeitos de gobernabilidade

O PSdeG apoiará as investiduras de gobernos de progreso e traballará en fórmulas que lle dean estabilidade e xeitos de gobernabilidade

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, anunciou, tras a xuntanza da Permanente da Executiva, que os socialistas galegos apoiarán as investiduras de gobernos progresistas nos concellos onde sexa posible, e que traballará “para buscar fórmulas que lles dean estabilidade e xeitos de gobernabilidade”.

Vázquez sinalou que, ademais do apoio nas investiduras ás formacións progresistas máis votadas, “seguiremos criterios harmónicos para estabilizar estes gobernos, e para que os cidadáns que apostaron por maiorías de progreso poidan acadar xeitos de gobernabilidade que fagan efectivos os programas que plantexaron ambas formacións”.

Nesta liña, apuntou que o PSdeG e o BNG iniciaron xa contactos para intercambiar opinións e para buscar fórmulas “que dean estabilidade e gobernabilidade aos gobernos locais progresistas”.

Respecto á situación do PSOE tras as pasadas eleccións, afirmou que “é o momento da responsabilidade e a reflexión” dado que “non hai un problema puntual, nin local, senón unha ola transversal con epicentro en Madrid que levou por diante a miles de candidatos e candidatas en toda España”.

Sinalou que, tanto na xuntanza de secretarios xerais como no Comité Federal desta fin de semana, Galicia defendeu a necesidade de abrir un debate programático que redefina ideoloxicamente novos modelos, como se fará na Conferencia Política que se anunciou no propio Comité Federal do pasado sábado. Pachi Vázquez defendeu tamén a proposta de apertura dun proceso de primarias no que o Comité Federal presenta a un candidato, Alfredo Pérez Rubalcaba, que “ao meu criterio goza dunha moi importante maioría de apoios, tamén en Galicia”, sinalou, aínda que “seremos absolutamente respectuosos con todas as candidaturas que se desexen presentar”.

Comité Nacional
Vázquez apuntou que os socialistas galegos celebrarán un Comité Nacional o vindeiro día 4, para abordar os resultados electorais, a apertura do proceso de primarias e para abrir un período de reflexión a fin de aportar unha visión dende Galicia á Conferencia Política.

O dirixente socialista subliñou que “hai comunidades autónomas nas que non quedou nin unha soa cidade ou cabeceira de provincia con goberno socialista”, e sinalou que “a transversalidade desta situación fai ver que non hai un problema de candidatos ou actitudes locais, senón unha situación política a nivel nacional na que os cidadáns castigan ao PSOE, principalmente pola crise que está a vivir o país”.

Vázquez considerou “absolutamente inxusto que a insolidariedade do PP na solución da crise teña como premio victorias desta magnitude” e por elo avogou por poñer enriba da mesa fórmulas “para resintonizar cunha sociedade que, ou ben non entende o que estamos a facer e se queda na casa, ou que non lle gusta o que estamos a facer e vota en contra”.

Sinalou que “todos fixemos o que puidemos para gañar estas eleccións, e a corresponsabilidade é tamén de todos” e por elo afirmou que “singularizar nunha persoa este problema é insolidario e dunha simpleza total”. “Todo o que singularice esta situación en si mesmo é un vaidoso ou un idiota, porque non é un problema persoal senón colectivo, no que as visións mesiánicas non valen”.

Por elo, dixo que o partido está aberto a escoitar a todos e cada un dos militantes, porque “é o momento da responsabilidade, e tan irresponsable sería non analizar o que pasa como dicir que se vaia o que está”. “Somos un partido con vocación maioritaria, que podemos abrir procesos de reflexión, pero non abrir un rompan filas. Temos que ir a sumar e a sintonizar co que pasa fóra do partido”, sinalou.

Movemento 15-M
Neste punto aludiu ao movemento 15-M para afirmar que os campamentos que se están a desenvolver en cidades de toda España “son unha chamada á sociedade”. Por elo, dixo que “nin os incentivo nin os quero distraer” pero en todo caso resalta que persoalmente “doulles moito calado e creo que debemos facer un esforzo por entender o está a pasar e porqué está a pasar”.

O secretario xeral dos socialistas galegos apuntou a súa opinión de que este movemento “nos prexudicou claramente, xa que o número de votos brancos e nulos que provocou nos fixo perder alcaldías” pero avogou por abrir canles de comunicación porque “isto non se arranxa a porrazos, e o que o entenda así equivócase rotundamente”.

Precisamente, Pachi Vázquez avogou por todo o contrario: “temos que escoitar o que está a pasar nas prazas de todo o país”, nunha alusión clara e directa a establecer esas canles de comunicación cos “indignados”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar