O PSdeG apoia as mobilizacións do ensino e esíxelle a Feijóo que “non sexa cómplice” da Lei Wert e “diga a verdade nas cifras de educación en Galicia, que acaban coa igualdade de oportunidades en sintonía con Rajoy”

O PSdeG apoia as mobilizacións do ensino e esíxelle a Feijóo que “non sexa cómplice” da Lei Wert e “diga a verdade nas cifras de educación en Galicia, que acaban coa igualdade de oportunidades en sintonía con Rajoy”

O PSdeG apoia as mobilizacións do ensino e esíxelle a Feijóo que “non sexa cómplice” da Lei Wert e “diga a verdade nas cifras de educación en Galicia, que acaban coa igualdade de oportunidades en sintonía con Rajoy”

Os socialistas pídenlle ao presidente da Xunta “que por unha vez saia á rúa e escoite a unanimidade dos cidadáns”, e lembran que desde a chegada de Feijóo o gasto en Educación reduciuse en máis de 400 millóns de euros, cun recorte previsto de 21 millóns máis para 2014, polo que “é irresponsable que trate de debuxar cifras irreais”

O PSdeG apoia a folga do ensino e as mobilizacións convocadas mañá nas principais cidades de Galicia para amosar a súa oposición “aos continuos recortes e repagos que desmantelan un sistema público de educación gratuíto e de calidade” e á Lei Wert, “profundamente ideolóxica, segregadora e privatizadora” e aprobada “sen diálogo nin consenso”. Os socialistas pídenlle ao presidente da Xunta “que por unha vez saia á rúa e escoite a unanimidade dos cidadáns”, que “non sexa cómplice” da Lei Wert e “que diga a verdade nas cifras de educación en Galicia, que están a acabar coa igualdade de oportunidades, en sintonía con Rajoy”. Así, desde a chegada de Feijóo á Xunta, o gasto en Educación reduciuse en máis de 400 millóns de euros, e nos Orzamentos de 2014 hai un recorte de 21 millóns máis, tal e como apunta o voceiro de Educación do PSdeG, Vicente Docasar.

O socialista afirma que “ante estes datos, é irresponsable que Feijóo trate de debuxar cifras irreais e de facerlle crer aos galegos que aumenta o gasto social a través de maquillaxe nas contas públicas”. Docasar lembra asimesmo que co actual goberno na Xunta “hai milleiros de profesores menos mentres os alumnos na educación pública aumentaron en máis de 17.000”, e reprocha que “a xente nin sequera pode saber cantos profesores se recurtaron, porque Educación dá unhas cifras e Facenda outras”.

Desde o PSdeG engaden que “na realidade que oculta Feijóo”, antes o 90% dos nenos tiñan comedor gratuíto, e agora o 57%, e que as axudas aos libros de texto se reduciron en 6 millóns de euros en só dous anos, mentres a Xunta destina 3 millóns anuais a centros que segregan por sexo, “e esa é a única realidade, a da xente que sairá mañá á rúa e que podemos ver no día a día e ata nos periódicos”.

Apoio ás mobilizacións
Os representantes do PSdeG na Executiva, no Parlamento e nas distintas institucións e agrupacións estarán mañá presentes nas mobilizacións convocadas en Galicia. O secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, que onte remitiu unha carta a todos os representantes socialistas para estar ao lado dos pais, nais, alumnos e da comunidade educativa nas súas reivindicacións, acudirá á de Santiago de Compostela.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar