O PSdeG alerta que mais de 18.000 persoas dependentes non perciben axudas “pola desidia do goberno de Feijóo”

O PSdeG alerta que mais de 18.000 persoas dependentes non perciben axudas “pola desidia do goberno de Feijóo”

O PSdeG alerta que mais de 18.000 persoas dependentes non perciben axudas “pola desidia do goberno de Feijóo”

Carmen Gallego alerta do “desmantelamento da Lei da Dependencia” por parte da Xunta, que nega as prestacións ao 30 por cento das solicitudes en Galicia

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, advertiu hoxe que mais de 18.000 galegos e galegas dependentes non perciben axudas a día de hoxe “pola desidia do goberno de Feijóo”. Alertou do “desmantelamento da Lei da Dependencia” pola Xunta coa mesma folla de ruta da sanidade, impoñendo copagos, desmantelando servizos e finalmente privatizando.

Carmen Gallego salientou que Galicia é unha das autonomías con menor nivel de dependentes, con 56.000 beneficiarios –un 2,98 por cento da poboación, fronte ao 3,49 de media estatal-, a pesares do elevado envellecemento porque a Xunta négalle o dereito ás prestacións ao 30 por cento das solicitudes presentadas. Ademais, mais de 18.000 persoas coa prestación concedida non a perciben por decisión do goberno galego.

Acusou a Feijóo de aforrar “a costa de recoñecer menor grao de dependencia” ás persoas que xa o tiñan recoñecido e que por calquera motivo se ven obrigadas a someterse a unha reevaluación amparándose na modificación dos criterios de prestación da dependencia. Estas modificacións ampáranse no Decreto 20/2011 de medidas urxentes en materia orzamentaria, a coñecida como “Lei de Acompañamento” dos orzamentos, e o decreto de creación da carteira de servizos da Xunta de Galicia de finais do ano pasado.

Advertiu que mentres ralentizan a avaliación dos dependentes, que acumulan atrasos de mais de un ano, reducen arbitrariamente os graos de atención recoñecidos. Esta situación, dixo, fai que os profesionais do traballo social vense na obriga de “recomendar que os usuarios non fagan reevaluacións porque corren o risco de reducir as súas prestacións ou mesmo quedar sen ningunha”.

Carmen Gallego sinalou que o goberno galego fai todo o posible para reducir as prestacións aos dependentes, cambiando os baremos e limitando a atención a só tres graos de dependencia eliminando os niveis e adiando a atención á dependencia moderada ata o ano 2015. Ao mesmo tempo, dixo, de forma unilateral decidiu eliminar a atención aos menores de 16 anos “como si por ser menor non foras dependente”.

Folla de ruta

A deputada socialista denunciou que o goberno galego está a seguir idéntica folla de ruta que co desmantelamento da sanidade pública para desmantelar a Lei da Dependencia “pola vía dos recortes”. Comezan así por impoñer copagos aos usuarios logo de reducir os recursos públicos, para a continuación desmantelar os servizos, incrementando de novo o copago dos usuarios.

O itinerario de Feijóo e do PP, explicou, continúa privatizando o servizo e troceando a carteira de servizos, co que “vemos como manteñen centros de día construídos e pechados dende 2009 pero lle conceden 11 millóns de euros a unha residencia privada no concello lugués de Bóveda”. A conclusión, dixo, é que provocan “mais custe para os usuarios mentres non hai prazas públicas pero si diñeiro para financiar ás privadas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar