O PSdeG alerta de que as consellerías de Traballo e Benestar, Educación, Sanidade e Medio Ambiente son as que mais queixas provocan ante o Valedor do Pobo

O PSdeG alerta de que as consellerías de Traballo e Benestar, Educación, Sanidade e Medio Ambiente son as que mais queixas provocan ante o Valedor do Pobo

O PSdeG alerta de que as consellerías de Traballo e Benestar, Educación, Sanidade e Medio Ambiente son as que mais queixas provocan ante o Valedor do Pobo

Patricia Vilán puntualiza que evidencia a preocupación cidadá pola situación actual do Estado do Benestar

Critica o “absoluto e lamentable desinterese do PP” por nomear ao Valedor do Pobo, posto vacante e ocupado por un dos vogais dende hai ano e medio

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Valedor do Pobo, Patricia Vilán, alertou hoxe da crecente preocupación amosada pola cidadanía fronte ao Valedor sobre as consellerías de Traballo e Benestar, Sanidade, Educación e Cultura e Medio Ambiente. Na comparecencia do Valedor para presentar o informe do ano 2013, advertiu da preocupación cidadá pola situación actual do Estado do Benestar.

A deputada socialista sinalou que o drástico recorte nos programas de política social desenvolvidos pola Consellería de Traballo e Benestar, un 25 por cento dende 2009, provoca o empeoramento na calidade dos servizos sociais prestados ás persoas que mais o necesitan.

Así o salienta o informe, que advirte das carencias na aplicación da Lei de Dependencia, con retrasos reiterados nas valoracións. Algo semellante sucede no caso da Renda de Inserción Social –Risga- e nas axudas de emerxencia social, que están a aumentar o número de demandantes polo incremento da pobreza, ao que a Xunta responde con retrasos nos trámites e unha excesiva burocratización do sistema.

Vilán salientou o informe sobre a atención ás persoas con discapacidade intelectual, que advirte que Galicia está un 10 por cento por debaixo da media estatal no acceso ao emprego deste colectivo. Ademais, demanda protección especial para menores discapacitados, considera demasiado limitada a figura do asistente persoal e amosa grande preocupación polos futuros copagos.

Con relación á sanidade pública, as 10.094 queixas recibidas en 2013, dixo, dan a medida da magnitude do problema, e o informe evidencia que os recortes e privatización adoptados en 2012 afectaron á universalidade e a gratuidade. Ademais, criticou que a Xunta intente reducir as listas de espera derivando pacientes á sanidade privada mentres diminúe o persoal sanitario público pola non repoñer as baixas e xubilacións.

Con relación á consellería de Educación e Cultura, o Valedor pon o acento sobre a redución de unidades e de mestres en escolas rurais, e recolle multitude de problemas co transporte escolar.

O informe de 2013 xa sinala a perda de comedor escolar gratuíto para nenos e nenas que residan a mais de 2 quilómetros da escola, unido a que os datos económicos utilizados para baremar os prezos son os do ano anterior, sen ter en conta o deterioro repentino do nivel de renda das familias afectadas.

Renovación

A deputada socialista fixo un chamamento á renovación do Valedor para nomear un novo titular, logo de que o actual, orixinalmente vicevaledor nomeado polo PP, leve ano e medio en situación de interinidade sen vicevaledores. Logo de salientar sen embargo o traballo do actual titular e do seu equipo, dixo que a institución “está en precario e necesita un cambio”.

A deputada socialista censurou, logo da comparecencia, que o PP “non ten ningún desexo de cubrir a vacante” no Valedor do Pobo, en contra do que afirmou o portavoz deste partido. Tamén desmentiu que o anterior Valedor fora nomeado a proposta dos socialistas, cando a realidade é que fora proposto polo PP “para que tódolos partidos participaran da gobernación, a diferenza do criterio que segue hoxe Feijóo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar