O PSdeG afirma que o cese de Paula Prado na portavocía “pon en evidencia a política de mordaza” do PP sempre que ten que dar explicacións á cidadanía

“Cos acontecementos dos últimos días xa empezamos a entender o contido da viaxe de Feijóo a Xapón, non deixa de asombrarnos a súa capacidade de escapismo”, ironiza Méndez Romeu

O voceiro parlamentario dos socialista apunta que “hoxe só se oficializa o silencio” e “a elección de esconderse en lugar de render contas que soe retratar aos populares”

O voceiro parlamentario do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, afirma que o cese de Paula Prado como voceira do PP “só oficializa o silencio” que era patente nos últimos meses, e “pon en evidencia a política de mordaza de Feijóo” sempre que o seu partido ten que dar explicacións á cidadanía.

Méndez Romeu apunta que o anuncio desta mañá “nin sequera sorprende”, xa que é unha mostra máis “da elección de esconderse en lugar de render contas que soe retratar aos populares”.

O voceiro socialista ironizou: “Cos acontecementos dos últimos días xa empezamos a entender o contido da viaxe de Feijóo a Xapón, non deixa de asombrarnos a súa capacidade de escapismo”. Ademais, apuntou ao “grave problema que teñen os populares en Santiago, onde parece que os cargos non deixan de esfumarse a unha velocidade de vértigo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar