O PSdeG afirma que a ausencia de políticas de emprego da Xunta reflicte o desleixo de Feijóo cara a mocidade, á que só lle queda emigrar ou o traballo precario que lles ofrece Rajoy

O PSdeG afirma que a ausencia de políticas de emprego da Xunta reflicte o desleixo de Feijóo cara a mocidade, á que só lle queda emigrar ou o traballo precario que lles ofrece Rajoy

O PSdeG afirma que a ausencia de políticas de emprego da Xunta reflicte o desleixo de Feijóo cara a mocidade, á que só lle queda emigrar ou o traballo precario que lles ofrece Rajoy

A portavoz de mocidade, Carmen Gallego, defendeu no Pleno de hoxe unha proposición non de lei que detallaba os principais eixos de acción en materia de políticas activas de emprego e que rexeitou o Grupo Popular

Gallego acusou a Feijóo de falar só de emprego xuvenil en eleccións e de que, durante o seu mandato a taxa de ocupación descendeu un 60%

Só un de cada catro mozos e mozas que traballaban cando chegou Feijóo á Presidencia, ten hoxe emprego

A portavoz de Política Social e Mocidade, Carmen Gallego, ven de defender unha proposición non de lei que tiña como destinatarios aos gobernos de Feijóo e de Rajoy. Ao primeiro, porque “aínda que o negue, como o fixo neste Parlamento, ten competencias en políticas activas de emprego”, e a Rajoy porque “a reforma laboral que emprendeu serviu unicamente para facilitar a destrución de emprego”.

Un extensa proposición non de lei, que abarca varias áreas, e que esixe máis recursos para a formación, para a I+D+i, que afronta o problema da emigración xuvenil e que a través de fondos estatais e do IGAPE se poida fomentar a incorporación dos mozos e mozas ao mercado laboral e se evite a fuga de cerebros.

A proposición non de lei defendida por Gallego “pretende axudar a que os mozos e mozas do noso país poidan desenvolver aquí o seu proxecto de vida e axuden aos que xa traballamos a que Galicia teña futuro”, resumiu a deputada socialista.

Lamentou a deputada non atopar no Grupo Popular unha sensibilidade diferente á xa manifestada polo Presidente Feijóo, “que se nega a falar de emprego ou de desemprego xuvenil”. Volveuse a repetir a negativa dos populares ás iniciativas de impulso para o fomento do emprego que os socialistas levan facendo desde 2009.

Afirmou Gallego que “cando fala Feijóo de emprego xuvenil é nas campañas electorais”. No 2009 para dicir que ía facer un Plan de Emprego Xuvenil que quedaría rematado antes de que rematara ese mesmo ano. Agora ese mesmo anuncio o fixo o portavoz popular, Javier Dorado, como argumento para desbotar a proposta socialista. A parlamentaria do PSdeG reprochoulle que “chegan tarde”.

No 2012, Feijóo falaba do emprego xuvenil como primeira preocupación. E así foi, segundo a deputada socialista, xa que agora “a mocidade galega ten o emprego como a súa primeira preocupación”.

Desde que goberna Feijóo, a taxa de desemprego xuvenil incrementouse nun 60%, é a primeira vez que a taxa de paro supera a taxa de ocupación entre a mocidade, e 1 de cada 4 mozos e mozas que traballaban cando Feijóo chegou á presidencia agora non pode facelo.

Este “panorama desolador”, como o definiu Carmen Gallego, está “aderezado” por unha diminución do 56% no orzamento das políticas activas no desemprego. Salientou tamén un 74% menos no presuposto que se destina ás persoas paradas. Ademais a Xunta reduciu as políticas dedicadas á xuventude, un 35% desde 2009.

Gallego Calvar acusou ao presidente da Xunta de “renunciar á loita contra o desemprego e polo emprego da mocidade” e, como consecuencia, “os mozos e mozas teñen poucas alternativas”. A estas desfavorables circunstancias hai que sumar outras políticas que afectan á mocidade para emprender os seus proxectos de vida, como son os recortes no ámbito educativo ou da sanidade.

O que lle queda á mocidade, conclúe Gallego, é a emigración ou aceptar traballos en precario no seu país, sometidos á reforma laboral de Rajoy, “que permite que poidan ser aprendices eternos por un salario indecente”.

Están saíndo do país as xeracións mellor formadas, con graves consecuencias non só para eles, senón para Galicia, Gallego apunta cara o despilfarro de fondos na preparación de man de obra cualificada para outras economías que poden ser os nosos competidores.

O Goberno de Feijóo “non quere falar disto, prefire estar agochado”, acusou a deputada socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar