O PSdeG advirte que o orzamento da Consellería de Traballo e Benestar resulta “inútil para solucionar o problema do paro e para axudar ás persoas”

O PSdeG advirte que o orzamento da Consellería de Traballo e Benestar resulta “inútil para solucionar o problema do paro e para axudar ás persoas”

O PSdeG advirte que o orzamento da Consellería de Traballo e Benestar resulta “inútil para solucionar o problema do paro e para axudar ás persoas”

Carmen Gallego sinala que o pago da débeda triplica o orzamento dunha Consellería que “consolida e agudiza os recortes sociais”

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, sinalou hoxe que o orzamento da Consellería de Traballo e Benestar demóstrase “inútil para solucionar o problema do paro e para axudar ás persoas”. Así o dixo na Comisión de Orzamentos na que compareceu a conselleira deste departamento para presentar os orzamentos do ano 2014.

Gallego lamentou que o orzamento “consolida e agudiza os recortes sociais”, dando boa conta das prioridades dun goberno no que o pago da débeda triplica o orzamento da Consellería de Traballo e Benestar. Explicou que o orzamento “nin é rigoroso, nin é responsable nin atende á realidade” e está “feito para non solucionar os problemas e para seguirlle recortando dereitos ás persoas”.

Este orzamento constitúe, engadiu, un “fiel reflexo do que sucedeu en Galicia no último ano, no que se negaron a falar do principal problema, o desemprego, rompendo o diálogo cos axentes sociais”. Criticou que estes orzamentos “ano tras ano condenan a Galicia a non ter emprego, que este non sexa de calidade e que os dereitos obxectivos sexan cada vez menos”.

A responsable socialista explicou que malia que o presidente da Xunta diga que os orzamentos teñen mais gasto social, a realidade é que recortaron o gasto social en 4.000 millóns de euros dende que chegou ao goberno, situándoo no 62 por cento do total, fronte ao 70 por cento que supuña en 2009.

Ademais, engadiu, o presidente que mais endebedou a Galicia na súa historia, obrigando a pagar 2.071 millóns de euros en 2014, aposta por “saír da crise apostando por empobrecer á cidadanía e cobrar mais taxas e impostos indirectos. Criticou así que “cada vez que aforran un euro en pensións, dependencia ou no Plan Concertado están obrigando aos cidadáns a pagar mais”.

Orzamento

A débeda, reiterou, triplica os 727 millóns de euros de orzamento desta Consellería, que en realidade son un 1,88 por cento menos que en 2013 e un 10,49 por cento con relación a 2009. Sinalou que a Consellería terá 14 millóns de euros menos que en 2013 e case que 222 menos que en 2009 con mais competencias, xa que este ano asumiu ademais as política migratorias.

Carmen Gallego explicou que o gasto destinado á protección e promoción social diminuíu un 25 por cento dende 2009 -250 millóns de euros-, 15 millóns de euros menos que no ano pasado. Esta diminución, dixo, prodúcese a pesares do incremento do orzamento da Risga e a dependentes, un “indicador claro da grave situación de risco de pobreza e de exclusión social que estamos vivindo”, con 662.000 persoas baixo o limiar da pobreza.

Ademais, dixo, o gasto de promoción de emprego e mercado de traballo “tamén continúa en descenso” e mesmo “para 2014 orzamenta un 9,57 por cento menos que no ano 2013, e a diminución acumulada dende 2009 ascende a 238 millóns de euros, un 56,54 por cento menos”.

Lei de Dependencia

Finalmente, advertiu que o PP “agocha a súa ideoloxía e que quere acabar coa Lei de Dependencia” entorpecendo a súa execución dilatando as avaliacións, reducindo o grao das mesmas para aforrar custes e demorando a atención aos dependentes moderados. O resultado, dixo, é que Galicia é “a segunda Comunidade Autónoma en persoas desatendidas por detrás de Canarias”.

Ademais, advertiu que a Consellería esquece incorporar no orzamento os 300 millóns de euros que terá que asumir polas competencias en servizos sociais que perderán os concellos de acordo coa reforma da Lei de Administración Local.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar