O PSdeG advirte que o goberno falta á súa palabra ao eliminar as bolsas Erasmus

O PSdeG advirte que o goberno falta á súa palabra ao eliminar as bolsas Erasmus

O PSdeG advirte que o goberno falta á súa palabra ao eliminar as bolsas Erasmus

Vicente Docasar esixe explicacións pola Resolución publicada hoxe no BOE que suprime as axudas aos alumnos que non tiveran bolsa xeral

O secretario de Educación do PSdeG-PSOE, Vicente Docasar, advertiu que o goberno vén de suprimir as bolsas Erasmus, en contra do seu compromiso acadado hai escasos días. O responsable socialista esixe unha explicación dos gobernos central e autonómico pola publicación no BOE de hoxe, dunha Resolución que deixa fora destas axudas ao 75 por cento dos bolseiros.

O responsable socialista acusou ao goberno de "faltar á súa palabra" ao emitir hoxe esta Orde que, ademais, "é publicada ás agachadas, aproveitando a ponte da Constitución". A través do BOE acorda suprimir as axudas para os estudantes que non foran beneficiarios dunha bolsa xeral de estudos, o que equivale ao 75 por cento dos bolseiros.

Docasar lamentou que o goberno volva dar un novo varapau aos estudantes que nestes momentos se atopan fora de España, e que pode obrigar a moitos deles a ter que regresar á metade do curso académico, perdendo a súa estadía por motivos económicos.

O responsable socialista sinala que esta decisión supón un novo ataque á igualdade de oportunidades e á educación pública, en liña da redución das bolsas de estudos e do endurecemento das condicións para poder acceder a estas axudas das que depende a formación de moitos e moitas estudantes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar