O PSdeG advirte que o financiamento público–privado quintuplica o prezo das infraestruturas sanitarias

O PSdeG advirte que o financiamento público–privado quintuplica o prezo das infraestruturas sanitarias

O PSdeG advirte que o financiamento público–privado quintuplica o prezo das infraestruturas sanitarias

A parlamentaria socialista Carmen Acuña criticou que a fórmula de financiamento público–privado escollido pola Xunta para as infraestruturas sanitarias quintuplicará o seu prezo a favor das empresas privadas. Así o dixo no debate dunha interpelación na que advertiu que o alto custo da construción por este sistema impide o pago dos gastos de funcionamento.

Criticou o “descaro” da Xunta na xestión dos centros de saúde baixo o pretexto de “dinamizar a economía e facelos rendibles” cando “vai ser rendible para empresas amigas de fora de Galicia e para os intereses de Feijóo en Madrid”. Dixo que o PP “demostra día a día que iso de gobernar non vai con vostedes, porque nin saben nin contestan mentres o presidente nin está nin se lle espera”.

Acuña dixo que a xestión de Feijóo en sanidade limítase a “recortes, desculpas, culpables e eufemismos” que ofrecen “transparencia poquita e democracia ningunha”, demostrando que “son un goberno de frívolos cada vez menos capaz só preocupado de facer oposición a Zapatero cando teñen que xestionar e gobernar”.

Acuña explicou que mentres o financiamento directo supón un investimento de 49 millóns de euros, o modelo público – privado obriga ao pago dun canon de 9 millóns de euros durante 20 anos, ascendendo ata os 180 millóns sen ter en conta os gastos de funcionamento diarios. Advertiu que este modelo “deteriora a calidade da asistencia de forma moi importante”.

A responsable socialista advertiu que o pago pola construción “non deixa atender aos gastos por funcionamento” ademais de hipotecar a sanidade pública para as próximas cinco lexislaturas. Acusou á Xunta de condenar á sanidade galega a seguir o modelo de Madrid, no que a aplicación indiscriminada desta fórmula provoca unha diminución do orzamento para mantemento e sitúa “ao límite” o deterioro da calidade do sistema.

Criticou que a Xunta non teña iniciado ningún dos 51 centros de saúde previstos orixinalmente para o ano 2010, e lamentou que “mentres acusan aos demais de dar bandazos, vostedes a día de hoxe non saben qué centros van construír, nin cándo, nin cómo os van pagar nin cánto van custar”.

Así, sinalou que daqueles 51 centros comprometidos a Xunta anunciou en decembro o estudo de viabilidade de 19, dos que “a día de hoxe “non teñen feito nada e non van facer nada en moito tempo”. Sinalou que a Xunta de Feijóo limitouse a “rematar os que estaban en marcha polo goberno socialista” esperando dous anos coa obra paralizada como sucedeu co Hospital de Lugo ou coa sala vascular do Chou.

Acusou á Xunta de “esixir aos concellos que regalen os terreos a unha empresa amiga a cambio de deixar un despachillo libre para médicos ou enfermeiros afíns e comprometendo o pago dun canon anual que fai inviable a sostibilidade do sistema.

Explicou que si o aforro de 300.000 euros diarios co catálogo de medicamentos fora verdade “non deberían 80 millóns ás farmacias e en 40 días poderiamos pagar catro centros de saúde con fondos públicos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar