O PSdeG advirte que o buque anunciado hoxe por Feijóo para Navantia Ferrol "non creará un só posto de traballo"

O PSdeG advirte que o buque anunciado hoxe por Feijóo para Navantia Ferrol "non creará un só posto de traballo"

O PSdeG advirte que o buque anunciado hoxe por Feijóo para Navantia Ferrol "non creará un só posto de traballo"

Beatriz Sestayo puntualiza que só suporá unha sexta parte da carga de traballo comprometida por Feijóo para o estaleiro ferrolán

A deputada socialista Beatriz Sestayo advertiu hoxe que o buque militar que anunciou hoxe o presidente da Xunta para Ferrol “non creará un só posto de traballo” na localidade. Así o dixo na sesión de control ao goberno, que tivo lugar no Parlamento e na que preguntou sobre a valoración da Xunta sobre a situación industrial desta localidade.

A deputada socialista trasladoulle ao conselleiro de Industria as preguntas remitidas en tempo real a través das redes sociais polos traballadores e persoal da industria principal e das auxiliares do naval ferrolán.

Puntualizou que, de acordo co Comité de Empresa, o buque dará ocupación a tan só 260 persoas das que xa están en subactividade en Navantia, que sumadas ás 350 que supostamente terán traballo co flotel comprometido polo goberno ascenden a 600 postos para traballadores en subactividade.

Advertiu que “faltan outras 1.700 para acadar ao anuncio da oficina ambulante de mercandising para necios” na que se converteu o gabinete do presidente da Xunta. Sinalou ademais que, de acordo co Colexio de Enxeñeiros de Ferrol, o buque anunciado hoxe, supón “menos da sexta parte das horas” de traballo que ten comprometidas o goberno galego.

Preguntoulle ao goberno galego que explique “qué faremos co resto de persoas e co resto das empresas auxiliares de Ferrol que non terán actividade con este buque militar”. Neste sentido, lembrou que Ferrol é a cidade con mais pro de Galicia, perdendo 5.900 postos de traballo en 2013 e onde tan só quedan dúas das 110 empresas do auxiliar que había hai 2 anos.

Sestayo enumerou na súa intervención as empresas auxiliares que veñen de pechar, como Eimosa, con mais de 400 traballadores, Gecoda, con mais de 100, Talleres Cachaza, con mais de 100, ou Piña, con mais de 50. Ademais, salientou as empresas que se atopan en ERE, como Maesa, Calsomatu, Contracer, Indasa, Endagasa, Electroraima ou Alcomar Fene, entre outras.

Desesperanza

A deputada socialista acusou ao goberno galego de “xogar coa desesperanza” dos traballadores despedidos dos estaleiros ferroláns, e que agora se reúnen nos comedores sociais, ao prometerlles un flotel que non chega “e que xa lles valeu para tres campañas electorais”, así como o dique flotante, un compromiso do actual presidente da Xunta que non ten visos de cumprir.

Advertiu das mentiras do goberno de Feijóo tanto co flotel como con un Plan Ferrol que tan só serviu para captar a 6 empresas “cando criticaban ao goberno socialista que captaba 140”. Ademais, censurou que a licitación da infraestrutura do terminal do Porto de Ferrol, que quedou sen financiamento do BEI pola corrupción do Igape, e que foi concedido a unha empresa que leva 9 meses de retraso e que “vén de dicir que non pode facelo por insolvencia técnica”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar