O PSdeG advirte que Feijóo rexeita comparecer no Parlamento para explicar as políticas de emprego porque “os seus plans non resisten a menor controversia”

O PSdeG advirte que Feijóo rexeita comparecer no Parlamento para explicar as políticas de emprego porque “os seus plans non resisten a menor controversia”

O PSdeG advirte que Feijóo rexeita comparecer no Parlamento para explicar as políticas de emprego porque “os seus plans non resisten a menor controversia”

Méndez Romeu advirte que o plan de emprego xuvenil presentado onte carece de orzamento consignado e tan só destina 1.000 euros para emprego e formación de cada mozo desempregado

Os socialistas preguntarán ao presidente da Xunta polo seu apoio á Lei contra o Aborto

O portavoz Socialista, José Luis Méndez Romeu, lamentou que o presidente da Xunta rexeitara hoxe de novo comparecer ante o Pleno do Parlamento para explicar as súas actuacións en materia de emprego. Logo da reunión da Xunta de Portavoces, na que o PP rexeitou a comparecencia solicitada polo PSdeG, dixo que os plans presentados por Feijóo “non resisten a menor controversia”.

Méndez Romeu sinalou que o plan de emprego xuvenil presentado onte por Feijóo supón “a primeira tímida actuación contra o desemprego” por parte do presidente da Xunta nos últimos cinco anos. Malia esta iniciativa, advertiu que a proposta do goberno galego carece de fondos consignados, mentres o goberno galego reduciu os orzamentos para impulso do emprego en mais da metade entre 2009 e 2014.

O responsable socialista explicou que a proposta de Feijóo en realidade destinaría tan só 1.052 euros para emprego e formación para cada un dos 95.000 mozos e mozas desempregados en Galicia. Sinalou que esta previsión vai en liña das directrices do goberno galego, que reduciu o investimento por desempregado dende os 2.500 euros de 2009 aos 648 previstos nos orzamentos de 2014.

Os socialistas galegos, explicou, presentarán unha proposición non de Lei no próximo Pleno para debater sobre as consecuencias “negativas e atroces” da reforma do mercado laboral posta en marcha polo PP. Ademais, preguntarán ao goberno galego pola situación do Fondo de Garantía Salarial, con 13.000 persoas en Galicia sen percibir salarios, en algún caso dende 2012.

Sanidade

O portavoz do Grupo Socialista lamentou que o goberno galego impedira a comparecencia da conselleira de Sanidade para explicar o caso de nepotismo xulgado e sentenciado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que advertiu “desvío de poder” na concesión da xefatura de servizo de Cirurxía do Hospital de Santiago ao marido da conselleira.

Incluirán tamén unha moción sobre a parálise da Lei da Dependencia e para esixirlle ao goberno galego que non impoña novos copagos, garanta a carteira de servizos e manteña os dereitos do colectivo de dependentes. Tamén incluirá unha interpelación sobre a “aldraxe e discriminación” dos doentes do sur de Galicia co novo mapa sanitario imposto polo goberno galego e que converteu a Lei de Garantías Sanitarias en “papel mollado” en tan só dous meses.

Méndez Romeu explicou que os socialistas centrarán a sesión de control ao presidente na reforma da Lei do Aborto, e criticou neste sentido a “dobre moralidade” de Feijóo, que de cara ao público maniféstase en contra pero á hora de votar defende a postura de Rajoy e Gallardón “que provoca unha discriminación económica flagrante”.

Advertiu que o texto impón unha visión “paternalista” da muller “con tutelas de todo tipo”, á que mesmo lle esixen informes psiquiátricos “como si foran enfermas mentais” para aceptar a interrupción do embarazo.

En materia económica, o próximo Pleno incluirá unha moción sobre a xestión de fondos da UE, ou unha interpelación sobre o fracaso do plan eólico do goberno galego e as “consecuencias tremendas” da política do PP en materia de enerxía. Responsabilizou ao goberno dunhas tarifas eléctricas “fora de control” ou un déficit de tarifa “desbocado” fronte á parálise do goberno galego.

O responsable socialista sinalou que o próximo Pleno comezará co debate dunha proposición de Lei dos socialistas galegos para reformar a Lei de residuos, paralizando o canon de Sogama. Reclamou así un novo Plan de Residuos e demanda que o goberno galego cumpra coas directrices comunitarias, priorizando a redución, reutilización e reciclaxe, minorando a incineración.

Erasmus

Ademais, o próximo Pleno incluirá unha pregunta oral sobre a redución drástica das bolsas Erasmus, que foron reducidas a seis meses, mentres os seus orzamentos pasaron de 65 a 18 millóns de euros e impón criterios restritivos para os beneficiarios.

Finalmente, será debatida unha proposición non de Lei sobre a xestión do goberno galego na vaga de temporais que azoutaron Galicia este inverno, reclamándolle á Xunta que estableza protocolos de emerxencias para prever o elevado número de vítimas mortais e estableza unha avaliación dos danos xunto cos concellos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar