O PSdeG advirte que Feijóo “continúa instalado na mentira” e agocha as facturas de farmacia dende o mes de outubro para cadrar o déficit

O PSdeG advirte que Feijóo “continúa instalado na mentira” e agocha as facturas de farmacia dende o mes de outubro para cadrar o déficit

O PSdeG advirte que Feijóo “continúa instalado na mentira” e agocha as facturas de farmacia dende o mes de outubro para cadrar o déficit

Carmen Acuña advirte que a factura agochada podería superar xa os 12 millóns de euros e esixe explicacións na Cámara autonómica

Amosa o apoio dos socialistas galegos a unha folga “histórica” na defensa da sanidade pública

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe a Feijóo de continuar “instalado na mentira” ao agochar a factura farmacéutica para cadrar o déficit. Acuña levará ao próximo Pleno do Parlamento unha moción para que o goberno galego entregue as contas e explique esta “trampa”.

A responsable socialista sinala que, de acordo co Ministerio de Sanidade, o ano pasado o goberno galego agochou 21 millóns de euros, por non declarar as facturas de novembro e decembro, e que este ano xa suma 12 millóns de euros nas catro provincias. Acuña advertiu que a Xunta este exercicio tampouco pensa declarar todas as facturas de outubro, novembro e decembro do ano 2013.

Lamentou que en lugar de explicar o desfase denunciado polo goberno central -entre os 8 millóns de euros declarados pola Xunta e os 30 presentados polos colexios farmacéuticos- a Xunta opta por “perfeccionar o delito”. O goberno galego obriga aos colexios farmacéuticos a declarar como “produto sanitario” o que en realidade son fármacos, pero que así evita as retencións que teñen que declarar e impide o seu seguimento.

Carmen Acuña lembrou que a día de hoxe “non sabemos onde están as facturas” que o ano pasado declararon os colexios farmacéuticos e a Xunta negouse a asumir. Fixo alusión tamén ás declaracións da conselleira de Sanidade, que asegurou que a Xunta paga puntualmente a farmacia hospitalaria, e replicoulle que “si, pero paga o que quere”, agochando 21 millóns de euros en 2012.

Os socialistas galegos presentaron unha moción para que o goberno galego presente a factura declarada polos colexios, o adianto abonado por farmaindustria, que ten un desfase de 1,6 millóns de euros do fondo de compensación, e o declarado polo Sergas ao Ministerio, para “comprobar quen di a verdade”.

Esta iniciativa reclámalle tamén ao goberno galego que elabore un estudo sobre a repercusión do copago na saúde dos galegos e galegas por deixar receitas de fármacos prescritos sen retirar. Tamén lle solicita que reclame no Consello Interterritorial de Sanidade un maior control do prezo dos fármacos non incluídos na Seguridade Social, que chegaron a multiplicar o seu prezo por seis.

Folga

A responsable socialista amosou hoxe o apoio dos socialistas galegos á folga convocada na sanidade pública hoxe luns e mañá martes, que cualificou de “histórica” por ter acadado o acordo unánime de tódolos profesionais sanitarios en defensa do dereito á sanidade universal e gratuíta.

En resposta ás críticas da conselleira de Sanidade, que cualificou o paro de “ideolóxico”, puntualizou que “o ideolóxico son os recortes, os copagos e as privatizacións” que está a aplicar o PP nun servizo público básico.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar