O PSdeG advirte que a responsabilidade de Feijóo na situación de Santiago é “indelegable e intransferible”

O PSdeG advirte que a responsabilidade de Feijóo na situación de Santiago é “indelegable e intransferible”

O PSdeG advirte que a responsabilidade de Feijóo na situación de Santiago é “indelegable e intransferible”

Méndez Romeu acusa ao presidente da Xunta de “desprezar calquera intento de pacto” anticorrupción para impedir que se repita a situación da capital de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que a responsabilidade de Feijóo na situación política do concello de Santiago, co terceiro alcalde nunha lexislatura, 7 membros do equipo de goberno inhabilitados por orde xudicial e outros dous dimitidos, é “indelegable e intransferible”.

O responsable socialista lembrou que foi o presidente da Xunta en persoa quen ten subordinado os intereses da capital galega “aos intereses do seu partido” designando a Conde Roa como alcalde cando eran coñecidos os seus problemas “persoais e inmobiliarios” –foi condenado por defraudar á facenda-.

Tamén foi Feijóo quen nomeou ao seu sucesor, Celso Currás, “manifestamente incompetente para comprender o que ocorría no concello que gobernaba a pesar de que estaba escrito nas páxinas publicadas dos sumarios xudiciais”. Ademais é responsable, dixo, de facer correr a lista ata o número 25 para atopar ao seguinte alcalde demostrando que o resto son “manifestamente incapaces” e tendo que nomear a persoas non electas.

Méndez Romeu preguntoulle ao presidente da Xunta si “diante de cada problema importante vai agardar 1.000 días a que estea acurralado e teña que tomar unha decisión”. Aludiu así a que logo de tres anos, o presidente da Xunta deu esta semana “o primeiro paso para resolver a crise” do Concello, logo de ter tomado “decisións fundamentais que levaron ao concello á ruína na que se atopa”.

O responsable socialista esixiulle ao presidente da Xunta que pida “perdón” por levar á capital de Galicia a unha situación “sen precedentes na historia democrática de Galicia”, prolongando unha situación insostible “ata que a xustiza inhabilitou á meirande parte do goberno, constatando o fracaso da súa política”. Dixo que esta é a conclusión de “trasladar a outra instancia” as decisións que lle correspondían a Feijóo.

Pacto

O portavoz do Grupo Socialista acusou ao presidente do goberno galego de ter “desprezado no Parlamento calquera intento de pactar unhas normas mínimas que impidan que se repitan sucesos como o de Santiago”. Lembroulle que precisamente fronte ao problema do transfuguismo, este “practicamente desapareceu” logo dun acordo entre as grandes forzas políticas elevado posteriormente a rango de Lei.

Lonxe de resolver o problema, dixo, Feijóo “ven boicoteando, bloqueando, cercenando calquera acordo fronte aos casos de corrupción” que “non lle parece oportuno, axeitado e non é o momento”. Mais alá de “declaracións ampulosas recoñecendo o custe destes problemas” fronte aos medios de comunicación, a realidade é que toma “cero actuacións, cero iniciativas e toda a preocupación para que non exista o acordo”.

Advertiulle que, en lugar de interesarse por resolver a situación, “toda Galicia foi testemuña dos seus cambios erráticos de criterio” durante tres anos con relación á situación procesual dos membros do seu partido.

“Hoxe falo de Santiago, pero poderiamos falar de Porriño, Trazo, Miño, ou da Estrada e do próximo alcalde de Santiago”, en alusión á aprobación do PXOM polo conselleiro de Territorio que foi rexeitado polo TSXG. Méndez Romeu concluíu que o presidente da Xunta, fronte ao “clamor social” contra a corrupción, a verdade é que “dálle igual Gürtel que Marcial Dorado, Santiago que Porriño, caixa b que financiamento ilícito”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar