O PSdeG advirte que a reforma local de Feijóo e Rajoy pon en perigo a continuidade dos 2.000 profesionais dos servizos sociais dos concellos

O PSdeG advirte que a reforma local de Feijóo e Rajoy pon en perigo a continuidade dos 2.000 profesionais dos servizos sociais dos concellos

O PSdeG advirte que a reforma local de Feijóo e Rajoy pon en perigo a continuidade dos 2.000 profesionais dos servizos sociais dos concellos

Carmen Gallego sinala que a Lei impide aos 293 concellos galegos de menos de 20.000 habitantes manter contratados a estes profesionais, deixando “desamparados” aos galegos con mais dificultades

Insta á Xunta que defenda as competencias de Xunta e concellos e recorra a Lei do goberno central diante do Tribunal Constitucional

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, dixo hoxe que a reforma local de Rajoy e Feijóo, que lle retira as competencias en servizos sociais aos concellos de menos de 20.000 habitantes, os está obrigando a prescindir de 2.000 profesionais nesta área. A responsable socialista presentou unha interpelación para que a Xunta dea conta no Parlamento desta situación.

Gallego instou ao goberno galego a recorrer diante do Tribunal Constitucional unha normativa estatal que invade as competencias dos concellos para dárllelas á Xunta deixando desamparadas ás persoas mais vulnerables. Alertou do grave prexuízo que está a provocar esta normativa aos usuarios dos servizos sociais e sinalou como exemplo que un só educador familiar atende como promedio a 80 familias con necesidades.

A deputada socialista explicou que a nova normativa impide a interventores e secretarios dos concellos autorizar a renovación dos contratos deste persoal, que non forma parte dos funcionarios e funcionarias dos concellos. Esta situación expón aos alcaldes e alcaldesas ao risco de ser acusados de prevaricación, polo que o resultado é que os profesionais dos servizos sociais quedan sen traballo.

Advertiu que os principais prexudicados serán as persoas usuarias destes servizos de traballo social, atendidos por educadores familiares ou psicólogos, entre outros profesionais. Estas persoas con menos recursos, explicou, ven agora cómo quedan abandonados logo de anos de atención e cun itinerario de reinserción previsto, e vense obrigados a pagar polo servizo ou quedar desatendidos.

Inseguridade e confusión

Mentres, criticou, a Xunta quere aprobar en solitario unha Lei que, lonxe de resolver a cuestión, agrava a inseguridade e confusión xurídica dos concellos. Explica que, en lugar de presentar un recurso de inconstitucionalidade, como xa fixeron os socialistas, Feijóo opta por aprobar en solitario unha Lei express que vulnera a norma do Estado, xa en vigor, expoñéndose así a un recurso de inconstitucionalidade.

Acusou ao presidente da Xunta de deixar aos concellos “abandonados á súa sorte para que sexan os alcaldes e alcaldesas os que dean a cara polos recortes” aplicados polo goberno galego.

Reclamoulle ao goberno galego que renuncie a asumir as competencias que teñen que prestar os concellos e que “resarzan ás vítimas da súa Lei”, que ven cómo quedan sen a axuda dos e das profesionais que tramitan as axudas polos libros de texto, a teleasistencia, as prestacións dos educadores familiares e a atención ás vítimas de violencia machista que agora quedan desamparadas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar