O PSdeG advirte que a “ausencia continuada” de Feijóo do Goberno de Galicia provoca que “os galegos e galegas estean hoxe moito peor que hai 5 anos”

O PSdeG advirte que a “ausencia continuada” de Feijóo do Goberno de Galicia provoca que “os galegos e galegas estean hoxe moito peor que hai 5 anos”

O PSdeG advirte que a “ausencia continuada” de Feijóo do Goberno de Galicia provoca que “os galegos e galegas estean hoxe moito peor que hai 5 anos”

José Luis Méndez Romeu advirte do alarmante deterioro da calidade democrática de Galicia provocado pola maioría absoluta do PP

Salienta que a nova conselleira de Territorio se presente cun “perfil sobre todo técnico: non vai tomar decisións”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu hoxe da “ausencia continuada” de Feijóo do goberno de Galicia, o que provoca que “os galegos e galegas estean hoxe moito peor que hai 5 anos”. O responsable socialista presentou un extenso documento de balance cos “indicadores da catástrofe” que supón o goberno de Feijóo para Galicia.

Méndez Romeu acusouno de levar a Galicia a un “coma inducido” a forza de evidenciar que “o presidente non está, e cada vez é mais irrelevante que non estea”. Semana a semana, engadiu, a ausencia de acordos nas xuntanzas dos consellos do goberno galego demostran que Feijóo é incapaz de impulsar a acción de goberno, “a pesares das súas moitas presenzas no Ritz” ou dos convites da súa Alteza Imperial de Xapón.

Como exemplo puxo a súa nula influenza no proceso de liquidación da planta xudicial galega, na que malia ás declaracións aparentes do presidente da Xunta, este “cala onde debe falar, que é en Madrid”. Así, aludiu a que Feijóo admita a desaparición de 41 dos 45 xulgados de Galicia, cando tan só defende manter sete, un en cada grande cidade, e nin sequera llelo ten transmitido ao ministro de Xustiza.

Responsabilizou ao presidente do goberno galego de utilizar a súa maioría absoluta para deteriorar a calidade democrática de Galicia, empregándoa como instrumento para converter as sesións de control ao goberno “para que sexa o goberno quen pregunte á oposición”. Ao mesmo tempo, dixo, négase a responderlle ás peticións de información do Parlamento e “garda a información e non responde”.

O portavoz socialista advertiu que mentres os Consellos de goberno preséntanse baleiros de contido, a actividade lexislativa da Xunta defínese por normas “pomposas e declarativas que non aportan nada para impulsar os dereitos dos cidadáns”. Polo contrario, dixo, provocan “inseguridade xurídica” nas institucións, nas empresas e no conxunto dos galegos e galegas.

Perfil técnico

O portavoz socialista sinalou neste sentido que o nomeamento da nova conselleira de Territorio, Ethel Vázquez, en substitución de Agustín Hernández pola súa designación como alcalde de Santiago, mantén o “perfil técnico” que sume ao goberno galego “na mais absoluta e espesa grisura”. Significa en realidade que “non toma decisións, nada se decide, nada se impulsa, nada se fai”.

Méndez Romeu advertiu que “nunca a Consellería de Infraestruturas foi menos do que é hoxe, nunca houbo menos investimento en obra pública” debido ao “abandono” absoluto de investimentos, mesmo deixando sen investir os orzamentos comprometidos.

A Xunta mantén, dixo, unha política de ordenación territorial “discrecional e ambigua destinada a “poñer e quitar alcaldes”, cando os plans de Ordenación Municipal son aprobados “en función da cor política do alcalde”. Manteñen sen aplicar as Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan de Ordenación do Litoral, nunha “ambigüidade calculada”.

Os socialistas acusaron ao goberno galego de impor un “trágala” coa Lei do Solo para “facernos cómplices das desfeitas urbanísticas” mentres en política medioambiental “perpetúan os erros históricos” de manter Sogama como planta de incineración e vertedeiro e consolidar a presenza de Ence “para sempre” na ría de Pontevedra.

O documento presentado hoxe polos socialistas galegos evidencia que logo de cinco anos de goberno e no ecuador da segunda lexislatura de goberno de Feijóo “non se ten producido un cambio do modelo produtivo”. Mentres, Galicia acada os maiores niveis de desemprego da súa historia cando os datos evidencian unha “estrema temporalidade e baixa cualificación” dos postos de traballo.

Feijóo tan só garante a mellora da situación dunha minoría do 10 por cento da poboación fronte ao 90 por cento que empeora notablemente, a pesares dun “río incesante e caudaloso de propaganda” para agochar un nivel de ineficacia “sen precedentes”.

Política Social

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, sinalou que o goberno galego ten reducido nun 8 por cento o gasto social dende a chegada de Feijóo, a razón de 1.300 millóns de euros ao ano, provocando a perda de 50.000 persoas. Galicia está, dixo, “como nos anos 60, cando marchan os mellores, os mais novos e mais cualificados”.

O obxectivo do goberno galego, dixo, é “recortar servizos e dereitos, privatizar e converter os dereitos sociais en caridade”, e sinalou a supresión dos servizos sociais nos concellos de menos de 10.000 habitantes, o desmantelamento da Lei de Dependencia, ou impor unha sanidade pública “de segunda” para as persoas con menos recursos, reducindo a calidade e os recursos da atención sanitaria.

Ao mesmo tempo eliminan a gratuidade das medicinas e dos libros de texto, aforrando “a costa dos usuarios” que agora teñen que pagar polos recursos públicos, mentres reducen as pensións e o gasto en educación pasou de 860 a 670 euros por habitante.

Logo de cinco anos, dixo, a pobreza aumentou un 20 por cento en Galicia, que ten xa ao 23,5 por cento da poboación baixo o limiar da pobreza, situando a renda per cápita a niveis de 2001, hai 13 anos, cunha redución dun 5 por cento nos ingresos das familias. A única partida que incrementou o goberno galego, dixo, foi a Renda de Integración Social, o que da a medida do “absoluto fracaso da súa política social”.

Nota: Poden consultar o documento presentado hoxe no seguinte enlace

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar