O PSdeG advirte do desleixo de Xunta e PP diante da situación urbanística de Miño que "ameaza o seu futuro como municipio"

O PSdeG advirte do desleixo de Xunta e PP diante da situación urbanística de Miño que "ameaza o seu futuro como municipio"

O PSdeG advirte do desleixo de Xunta e PP diante da situación urbanística de Miño que "ameaza o seu futuro como municipio"

Sánchez Bugallo lembra que a Xunta aprobou as modificacións do Plan Xeral polo o que o concello ten que pagar agora 22 millóns de euros por expropiacións

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, denunciou hoxe o desleixo de Xunta e PP, logo de que rexeitaran unha proposición non de Lei dos socialistas galegos para resolver a situación urbanística do Concello de Miño, con sentenzas xudiciais en contra que “ameazan o seu futuro como municipio”.

Sánchez Bugallo lembrou que a propia Xunta aprobou as modificacións ao Plan Xeral do Concello para construír unha macrourbanización de 1.200 residencias e un campo de golf polo que, logo de ser anulado polo TSXG a adxudicación como concesionario a Fadesa, ten que pagar 22 millóns de euros por expropiacións e enfróntase ao pago dunha demanda por 55 millóns de euros por parte da concesionaria, Martinsa – Fadesa.

O responsable socialista lembrou que o orzamento anual do concello apenas ascende a 5 millóns de euros, e os investimentos quédanse en 1 millón de euros, co que a día de hoxe “soamente ten capacidade de financiar os intereses da débeda cos propietarios dos terreos expropiados”.

Sánchez Bugallo sinala que o caso deste concello resulta “paradigmático e desastroso” da desfeita urbanística que amparan o PP e o goberno galego, xa que logo de ter aprobado a construción das vivendas acordaron a expropiación dos terreos por un prezo de 3 euros por metro cadrado.

A continuación, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a adxudicación a Martinsa – Fadesa e estableceu uns novos prezos entre 25,9 e 72,11 euros por metro cadrado. Isto supuxo recoñecer unha débeda de preto de 22 millóns de euros cos expropiados e enfrontarse á demanda da empresa concesionaria, que reclama a devolución do investimento estimado en 55 millóns de euros.

Responsabilidade directa

O deputado socialista reclamou hoxe a implicación do goberno galego, que emitiu informes preceptivos e vinculantes favorables a esta actuación urbanística, que ademais foi aprobada polo Concello facendo uso dunha competencia delegada pola Xunta.

Advertiu que resulta “previsible que ante a incapacidade manifesta do concello de Miño para facer fronte ás súas responsabilidades, estas poderían acabar recaendo subsidiariamente na Xunta de Galicia e incluso na propia Deputación Provincial da Coruña por tratarse dun Concello de menos de 20.000 habitantes”.

Por isto reclamáballe ao goberno galego “que proceda a crear unha Comisión mixta de traballo, integrada por representantes da Xunta de Galicia, do Concello de Miño e, se fora o caso, da Deputación Provincial da Coruña” para abordar esta situación e darlle solución.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar