O PSdeG advirte da “urxencia” dunha auditoría en Sogama tras a demanda do Estado contra a Xunta e lamenta que “os galegos teñan que pagar os problemas de Feijóo e Rajoy”

O PSdeG advirte da “urxencia” dunha auditoría en Sogama tras a demanda do Estado contra a Xunta e lamenta que “os galegos teñan que pagar os problemas de Feijóo e Rajoy”

O PSdeG advirte da “urxencia” dunha auditoría en Sogama tras a demanda do Estado contra a Xunta e lamenta que “os galegos teñan que pagar os problemas de Feijóo e Rajoy”

Os socialistas analizaron na Executiva a suba do lixo despois de coñecer que o Goberno reclama 11 millóns de euros “pola mala xestión da Xunta” e piden “explicacións claras” das contas de Sogama

Pilar Cancela esixe que Feijóo informe sobre o suposto documento no que Gas Natural lle traslada ao Goberno que Navantia non fixo unha oferta viable e, se é así, terá que “deixar de botar balóns fóra e asumir responsabilidades políticas”

A Executiva Nacional aproba un manifesto contra a violencia machista no que lamentan o maior recorte en políticas de Igualdade da Xunta desde 2009, pasando do 0,5% ao 0,12% do total do Orzamento

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, alertou tras a reunión da Executiva do PSdeG da “urxencia” da petición dos socialistas dunha auditoría que aclare as contas de Sogama e a xestión medioambiental tras a suba do canon do lixo, unha auditoría que “queda aínda máis xustificada se cabe” despois de coñecer que o Goberno do Estado reclama 11 millóns de euros nos tribunais e recurreu as decisións tomadas pola Xunta “nunha nefasta xestión” que evidencia a debilidade financeira da sociedade. Os socialistas insisten en pedir “explicacións claras” das contas de Sogama, e lamentan “que todos os galegos e galegas teñan que pagar os problemas de Feijóo e Rajoy” con “subas no lixo ou nas facturas da electricidade por non ser quen de levar adiante unha estratexia enerxética seria para Galicia”.

A Executiva socialista analizou tamén a situación do naval, outra das principais preocupacións actuais do PSdeG. Con respecto aos floteis de Pemex, Cancela confía en que saian adiante “polo ben de todos”, pero afirma que Feijóo “debe pedir desculpas xa e admitir a súa irresponsabilidade pola utilización deste tema en campaña dando os contratos por pechados, cando xa é obvio para todos que non era así”.

A secretaria de Organización do PSdeG referiuse tamén ao suposto informe no que Gas Natural informou ao Goberno de que as ofertas para construír achegadas por Navantia non eran viables. “Feijóo ten que esixir ese informe e, se existe, terán que dar información e asumir responsabilidades políticas”, afirmou Cancela, que lle pediu ao presidente da Xunta que aclare “se vai seguir a botar balóns fóra ou vai loitar por conseguir carga de traballo para Navantia”. A socialista sinalou a gravidade desta información se finalmente se confirma e dixo esperar que isto non sexa un modo “de deixar o estaleiro público baleiro de traballo”.

Na Executiva celebrada esta tarde, os socialistas asinaron un manifesto contra a violencia machista no que lamentan os recortes da dereita en Políticas de Igualdade ante “unha barbarie que leva provocado a morte de 700 mulleres nos últimos 10 anos” e sen embargo “non é unha prioridade” para a dereita.

No manifesto, os socialistas censuran que a redución do Orzamento da Delegación do Goberno da Violencia de Xénero teña superado o 28% dende a chegada do PP ao Goberno do Estado. Critican asimesmo que a Xunta de Galicia, lonxe de suplir estas drásticas decisións estatais, presente uns Orzamentos para 2014 co maior recorte en Políticas de Igualdade dende o ano 2009, pasando do 0,5% do total de 2009 ao 0,12% previsto para o vindeiro exercicio 2014.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar