O PSdeG advirte “da débil situación da economía galega, o que xenera pobreza, desigualdade e 160.000 ocupados menos que no ano 2009”

O PSdeG advirte “da débil situación da economía galega, o que xenera pobreza, desigualdade e 160.000 ocupados menos que no ano 2009”

Os socialistas galegos lamentaron hoxe no pleno do Parlamento “a débil situación que atravesa a economía de Galicia, o que xenera pobreza, desigualdade e 160.000 ocupados menos que no ano 2009”.
O deputado socialista Juan Carlos González Santín considerou, en resposta a unha comparecencia do novo conselleiro de Economía e Facenda, Valeriano Martínez, “que Galicia diverxe e non converxe co resto de España, foi no ano 2014 a terceira comunidade autónoma cun peor comportamento económico e non chegou nin de lonxe ás previsións da Xunta”.
“Temos 100.000 parados máis que no ano 2009, cando chegou Feijóo á presidencia da Xunta, e hai uns 90.000 fogares galegos con todos os seus membros no paro, sorprende a visión triunfalista do novo conselleiro cando a realidade di outra cousa”, manifestou González Santín
“Temos menos gastos social e medran sen parar os recurtes nos servizos públicos esenciais”, afirmou o deputado socialista, que demandou a Valeriano Martínez “una previsión de cal será o comportamento do Goberno galego con respecto ao déficit e á débeda pública, o déficit non pode ser un fin en si mesmo”.
“En seis anos, incrementaron vostedes a débeda da comunidade autónoma en 6.000 millóns de euros, máis que todos os gobernos anteriores xuntos, e coa súa comparecencia xa vemos que non cambiará o rumbo da política económica da Xunta”, apuntou Santín.
“Podemos falar tamén do fraude fiscal, xa que non coñecemos nin os obxectivos nin os resultados da Xunta nesta materia, pero sen dúbida o que máis nos sorprende é que nas súas quendas non fale de pobreza e desigualdade, está claro que non son prioritarias para a Xunta”, rematou o socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar