O PSdeG adhírense á Plataforma Estatal en Defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos

O PSdeG adhírense á Plataforma Estatal en Defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos

O PSdeG adhírense á Plataforma Estatal en Defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos

Carmen Cajide anunciou a presentación de mocións en todos os concellos así como iniciativas parlamentarias para trasladar a defensa dos dereitos das mulleres a todas as institucións

A deputada socialista manifestou que dende o PSdeG-PSOE “poñeremos todos os medios ao noso alcance” para dar continuidade á Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo

A secretaria de Igualdade da Comisión Executiva Nacional do PSdeG-PSOE, Carmen Cajide, acompañada das secretarias provinciais e locais, anunciou a adhesión dos socialistas á Plataforma Estatal en defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos, tal como solicitaron as organizacións desta plataforma aos partidos políticos, así como ao seu manifesto “Decidir fainos libres”, elaborado e subscrito por máis de 140 organizacións de mulleres de todo o territorio español, parte delas da Comunidade Galega.

A deputada socialista asegurou que o PSdeG-PSOE, do mesmo xeito que en toda España, presentará mocións en todos os concellos así como iniciativas parlamentarias para “trasladar a defensa dos dereitos das mulleres a todas as institucións”.

Carmen Cajide insistiu na defensa dos dereitos das mulleres por parte do socialismo, “xa que se trata de dereitos humanos”, puntualizou, “polo que consideramos imprescindible non dar nin un paso atrás en canto aos dereitos sexuais e reprodutivos”.

Así mesmo, sinalou que dende o PSdeG-PSOE compártese a preocupación e indignación que xa mostraron as organizacións de mulleres, sociais e de profesionais do ámbito sanitario, ante o anuncio do goberno do PP de “recortar a liberdade e a autonomía das mulleres respecto da decisión sobre a maternidade”. Os socialistas explican que ”resulta significativo que ata Nacións Unidas faga un chamamento a España para que respecte e garanta a aplicación do dereito á interrupción voluntaria do embarazo sen obstáculos”.

Por todo iso, Cajide recordou que a lei 2/2010 que incorporou á nosa lexislación o dereito á interrupción voluntaria do embarazo, introducindo seguridade xurídica para o exercicio do mesmo, “é unha lexislación en plena consonancia coas regulacións da maioría dos países da UE”.

Finalmente, a deputada socialista afirmou que “dende o PSdeG-PSOE poñeremos todos os medios ao noso alcance para dar continuidade á Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, unha norma orientada a cero embarazos non desexados, cero abortos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar