O PSdeG acusa aos Populares de excluír á xeotérmica das axudas a renovables para beneficiar ás grandes eléctricas

O PSdeG acusa aos Populares de excluír á xeotérmica das axudas a renovables para beneficiar ás grandes eléctricas

O PSdeG acusa aos Populares de excluír á xeotérmica das axudas a renovables para beneficiar ás grandes eléctricas

Abel Losada, portavoz de Industria, defendeu unha iniciativa esixindo a rectificación da Xunta

O deputado socialista denuncia a deriva do PP cara as posicións do Tea Party e denuncia que o concurso eólico e a supresión de primas ás renovables proban a defensa da Xunta das grandes empresas de enerxía sobre os produtores de renovables e os usuarios

Abel LosadaO portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, ven de manifestar a súa preplexidade pola negativa do Grupo Popular a que prosperase unha Proposición non de Lei defendida por este deputado para que o Goberno galego restaurase, de inmediato, as axudas ao sector da xeotérmia como panca de desenvolvemento dun sector necesario na consecución dos obxectivos marcados pola Estratexia europea e o Plan estatal.

A decisión da Xunta de excluír ao Cluster da Xeotermia das convocatorias ás axudas a proxectos de enerxías renovables afecta a 44 empresas que xa aplican tecnoloxía en máis de 600 instalacións galegas, proporcionando aforros de ata o 75% na facturación do consumo de electricidade.

O deputado socialista denuncia que a decisión da Xunta contrasta coas convocatorias de outras a comunidades autónomas e mesmos entra en conflito co Plan estatal de fomento do aluguer de vivendas, onde a enerxía xeotérmica figura entre as renovables.

Este sector, salienta Losada, ten un desenvolvemento adiantado en Galicia respecto da media do Estado, representando o 35% do total. O portavoz de Industria do Grupo Socialista considera que o cambio de criterio da Xunta respecto ao período 2006 – 2010 debe ser argumentado, explicado e corrixido polo Goberno de Feijóo.

O deputado socialista acusa aos populares de antepoñer os intereses das grandes empresas produtoras de electricidade e de lexislar en beneficio dos seus intereses. Puxo como exemplo o concurso eólico mais a supresión das primas ás renovables. Unha política enerxética que “pon en cuestión a propia UE”.

O socialista afirma que existe unha deriva ideolóxica do PP cara os plantexamentos do Tea Party, pero tamén “hai intereses” de tipo económico que levan aos populares a unha “guerra contra as renovables”, en prexuízo do sector e dos usuarios.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar