O PSdeG acusa ao PP de “aforrar en democracia” cunha Lei de Administración Local que viola as competencias de Galicia e dos concellos

O PSdeG acusa ao PP de “aforrar en democracia” cunha Lei de Administración Local que viola as competencias de Galicia e dos concellos

O PSdeG acusa ao PP de “aforrar en democracia” cunha Lei de Administración Local que viola as competencias de Galicia e dos concellos

Francisco Caamaño reclama un recurso de inconstitucionalidade contra a norma por ser antiestatutaria, que é rexeitado polo PP

Advirte que a Lei “solidariza os erros da mala xestión do PP en Madrid e Valencia”, os dous concellos que suman un terzo da débeda pública de todo o municipalismo nacional

O deputado socialista Francisco Caamaño acusou hoxe ao PP de “aforrar en democracia” ao avalar en Galicia a Lei de Administración Local que perpetra “unha violación clara da autonomía local e a que estatutos como o galego recoñecen aos gobernos autonómicos para regular o ámbito local”.

Caamaño reclamou hoxe que o Parlamento de Galicia presentara un recurso de inconstitucionalidade contra a dita Lei por entender, como fai a práctica totalidade da iuspublicística española, que vulnera as competencias autonómicas, unha solicitude que foi rexeitada polo PP. Instou a Feijóo e ao PP que sexan “coherentes coas afirmacións dos alcaldes e representantes do PP nos concellos” que criticaron a norma dende a Federación Galega de Municipios e Provincias –Fegamp-.

O deputado socialista dixo que esta situación “non se arranxa mais que recorrendo ante o Tribunal Constitucional”, e acusou ao PP de utilizar a crise como escusa. Sinalou que a Lei supón “o mesmo que fai Feijóo con este Parlamento –ao reducir o número de deputados-, non se trata de reducir custes, senón de reducir democracia, pluralismo e control social do goberno, para así poder facer o que lle sae do peto”.

Advertiu que a norma “pecha un ciclo da historia de España” que entendía que “os gobernos locais eran o primeiro nivel de goberno e posuían autonomía política de seu”. Agora, explicou, “estamos diante dunha Lei que vai reducir competencias, privatizar os servizos públicos municipais para facer negocio e rescatar unha institución tan transparente e próxima aos cidadáns como as deputacións”, subliñou en ton irónico.

Solidarizar erros

Francisco Caamaño sinalou que a Lei do PP “solidariza os erros da mala xestión de dous concellos de España”, como son Madrid e Valencia, que “grazas ao goberno dos alcaldes austeros do PP suman un terzo da débeda pública de todo o municipalismo”. Para iso “incrimina aos representantes políticos dos concellos e incrimina e descualifica o sistema local como primeiro nivel de goberno do Estado”.

Negou así que o axuste teña razóns orzamentarias, xa que no momento de presentar a Lei os concellos sumaban unha débeda de 30.000 millóns de euros en todo o Estado, mínima en comparación coa das autonomías e o goberno central. Ademais, 10.000 millóns desta débeda corresponden a Madrid –que sumou 8.000 baixo a alcaldía de Gallardón- e a Valencia, as dúas gobernadas polo PP.

Ademais, lembrou que no ano 2012 os concellos xa contaban cun superávit de 2.000 millóns de euros, mentres Rajoy admitía recentemente que a maioría dos concelleiros non cobran nada, e preguntou, “sendo así, por que recortan?”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar