O PSdeG acusa ao goberno galego de provocar a suba do canon de Sogama “polas súas decisións políticas erradas”

O PSdeG acusa ao goberno galego de provocar a suba do canon de Sogama “polas súas decisións políticas erradas”

O PSdeG acusa ao goberno galego de provocar a suba do canon de Sogama “polas súas decisións políticas erradas”

Patricia Vilán lamenta o voto en contra do PP a unha iniciativa socialista para retirar o incremento do canon e auditar á empresa

Solicita a comparecencia do conselleiro de Medio Ambiente para explicar no Parlamento a suba do canon

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao goberno galego de ter provocado a suba do canon de Sogama en 16 millóns de euros “polas súas decisións políticas erradas” e para obter uns beneficios brutos de 10 millóns de euros. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista para retirar o canon, rexeitada polo PP.

A deputada socialista reclamou hoxe a comparecencia do conselleiro de Medio Ambiente para explicar a suba no canon e criticou que el mesmo non solicitara comparecer na Cámara por iniciativa propia. Reclamoulle que explique por que incrementou o recibo un 34 por cento o recibo de Sogama cando era suficiente con aumentalo nun 8 por cento.

Vilán acusou ao presidente da Xunta de “frivolizar sobre a suba do canon” e sinalar que a adhesión á incineradora “non é obrigatoria” logo de que Fraga prometera polígonos industriais a cambio de unirse a Sogama. Ademais, lembrou que o goberno galego non ofrece ningunha alternativa a esta entidade, empuxando aos concellos a encher Galicia de vertedoiros ilegais.

Sinalou que a pesares de que o PP minore o impacto da suba do lixo, o certo é que, dixo, “os propios alcaldes do PP están en contra desta medida”, aludindo ao rexedor de Vilagarcía, que anunciou que asumiría a suba do canon para descargarlle presión fiscal ás familias.

Vilán lamentou a oposición do PP a retirar este canon e mesmo a pedirlle ao goberno galego que asumira o incremento sen repercusión algunha ás contas dos concellos, tal e como sinalaba a iniciativa. Os socialistas tamén reclamaron a creación e posta en marcha dunha mesa de negociación da que participen Sogama e os concellos para estudar os custes reais do tratamento de residuos.

Esta proposición non de Lei tamén reclamaba unha auditoría externa de Sogama que analice a situación económico – financeira da entidade, a xestión de recursos humanos, o modelo de produción e o seu impacto medioambiental.

Incineración

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista advertiu que Galicia é a primeira Comunidade Autónoma de España por volume incinerado, cun plan de residuos no que a opción da incineración representa case o 70 por cento sobre os residuos totais xerados en Galicia.

Lembrou que os concellos contratan un sistema de xestión de residuos baseado na xerarquía obrigatoria da UE, que prioriza a prevención, reutilización e reciclado antes da valorización enerxética e a eliminación dos residuos. Apuntou que “pagan o canon unitario pola execución desa xerarquía, non pola incineración nin polo vertedoiro” polo que “moito menos terían que xestionar o aumento do canon por estes conceptos”.

Puntualizou así que “Sogama non recicla, Sogama fai incineración para a produción de enerxía eléctrica, pero consume mais enerxía da que produce” sendo a sexta emisora de CO2 de Galicia, sostido por “unha política salarial de persoal aberrante” cun presidente “cunha retribución excesiva para unha empresa pública”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar