O PSdeG acusa á Xunta de ter a “pouca vergoña” de querer cobrar antes que os gandeiros e traballadores de Alimentos Lácteos

O PSdeG acusa á Xunta de ter a “pouca vergoña” de querer cobrar antes que os gandeiros e traballadores de Alimentos Lácteos

O PSdeG acusa á Xunta de ter a “pouca vergoña” de querer cobrar antes que os gandeiros e traballadores de Alimentos Lácteos

Pablo García, portavoz de Agricultura, acusou ao director do Igape de dirixir unha entidade liquidadora en lugar de promotora e totalmente inutil para este páis.

O socialista acusou á Xunta de ser a responsable do fracaso da creación dun grupo lácteo galego de base cooperativa polo seu afán de control político, e para que os tenentes alcaldes de Touro de de A Pastoriza, os dous do PP pegasen un pelotazo ecnómico.

O IGAPE, XESGALICIA, a consellería e o Presidente da Xunta “enganaron aos gandeiros e non poderíamos admitir, que os gandeiros e os traballadores sexan os grandes prexudicados deste proceso

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, ven de censurar a xestión da Xunta en Alimentos Lácteos e acusou ao director do IGAPE, Javier Aguilera Navarro, de ser “un liquidador de empresas e proxectos”, en lugar de conducir unha entidade de promoción económica.

O deputado socialista recordou que o fracaso deste proxecto de creación dun grupo lácteo galego con base cooperativa se debe en boa medida á imposición da Xunta duns xestores afíns ó Partido Popular e ao control que se fixo sobre as cooperativas participantes no proxecto, para facer prevalecer o control político na xestión do novo grupo lácteo.

García tamén culpou á Xunta de desbotar a proposta de Feiraco para a xestión da planta de Outeiro de Rei que Pascual viña de pechar. Non acaba de atopar as razóns que levaron á Xunta a non ver viabilidade á proposta de Feiraco para Pascual cando era a mesma que para Clesa, caso no que a cooperativa de Negreira si atopou o apoio institucional.

Debido á insuficiencia de volume de leite e a unha política de prezos baixos, Alimentos Lácteos cesa actividade e entra en proceso de liquidación cun pasivo de 20,7 M€. Desta débeda correspóndelle á Xestora de Entidades de Capital Risco – XESGALICIA 6,3 M€ e 4,4 M€ ás cooperativas.

O deputado socialista preguntou ao director do IGAPE si, como se desprende do proceso liquidador, vai prevalecer a débeda da Xunta sobre a dos gandeiros e os traballadores. García considera que sería un golpe mortal para os cooperativistas e os empregados, “que nada tiveron que ver nas decisións tomadas”. O deputado socialista conminou ao titular da entidade de promoción económica da Xunta a evitar isto.

Para García, o IGAPE, XESGALICIA, a consellería e o Presidente da Xunta “enganaron aos gandeiros e non poderíamos admitir, baixo ningún concepto, que os gandeiros, que entregaron o leite, e os traballadores, que apostaron claramente por manter os postos de traballo, sexan os grandes prexudicados deste proceso”, precisamente “por ter feito o que se lles mandaba” por parte da Xunta.

Por detrás da intención da Xunta de cobrar antes que os gandeiros está a idea de liquidar Outeiro de Rei “deixalo limpo para que Pascual se faga cargo de novo” da planta de leite.

O portavoz de Agricultura recordou que, na mesma comisión de Agricultura, o director do IGAPE dixera que a solución a Alimentos Lácteos estaba próxima, cando agora ven de recoñecer que “os xestores non souberon”. García preguntoulle ao comparecente desde cando coñecían que os xestores, postos polo Goberno galego, “non sabían”, pois a Xunta foi sempre o “accionista maioritario” e a que “tomaba as decisións” en Alimentos Lácteos.

Despois de todo este proceso, despois dos fondos invertidos, e sobre todo porque un proxecto destas características segue a ser necesario, O Sr Feijoó non o pode liquidar con un titular na prensa decindo “que hai que facer autocrítica”, e ter a falta de respeto de enviar o director do IGAPE a decir “que unhas veces as cousas saen ben e outras saen mal”

O PSdeG-PSOE ten pedido a comparecencia en numerosas ocasións da Conselleira de Medio Rural e do Conselleiro de Industria, que son os que deben asumir compromisos e tamén asumir responsabilidades políticas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar