O PSdeG acusa á Xunta de “paralizar e esquecer” o desenvolvemento da Lei Galega contra a Violencia de Xénero

O PSdeG acusa á Xunta de “paralizar e esquecer” o desenvolvemento da Lei Galega contra a Violencia de Xénero

O PSdeG acusa á Xunta de “paralizar e esquecer” o desenvolvemento da Lei Galega contra a Violencia de Xénero

A portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Silvia Fraga, denunciou que a Xunta ten “paralizado e esquecido” o desenvolvemento da Lei Galega contra a Violencia de Xénero e “ata a incumpren”. Así o dixo na comparecencia da secretaria xeral de Igualdade para presentar o informe anual de violencia de xénero con relación ao ano 2010.

Silvia Fraga criticou así que a Xunta suprimira o Servizo Galego de Igualdade, mentres paralizaban os instrumentos recollidos na Lei Galega de Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero. Fixo referencia así ao Consello Galego das Mulleres, o Observatorio Galego de Violencia de Xénero, a Comisión Interdepartamental de Igualdade, ou o Centro de Recuperación Integral das vítimas de violencia de xénero.

Lembrou que estes mecanismos, recollidos na Lei aprobada durante a pasada lexislatura, foron paralizados coa chegada do PP á Xunta. Lamentou que mentres tanto “só se preocuparon de reducir as beneficiarias das axudas ás mulleres vítimas de violencia de xénero” reducindo o Salario da Liberdade, cos novos criterios da convocatoria destas axudas unha muller que gañe 800 euros non terá dereito ás axudas cando ata o ano 2011 si o tiñan.

Denunciou unha vez máis o incumprimento da lei galega de prevención e tratamento integral da violencia de xénero e dunha orde de 30 de decembro de 2010, a través dunha instrución interna da Consellería de Traballo, que deixa de priorizar as vítimas no acceso aos curso de formación laboral para persoa desempregadas. Despois de volver a pedirlle explicacións ao goberno galego sobre este punto, recibiu unha vez máis a calada como resposta.

Silvia Fraga sinalou que “non cremos que o camiño para axudar á muller galega e mellorar a súa situación económica e laboral sexa esquecer e ignorar a posta en marcha das medidas recollidas na Lei de Igualdade no Traballo da Muller en Galicia. Engadiu que “non cremos que o xeito de facer á muller galega máis libre e igual sexa unha absoluta inacción á hora de mellora a súa situación laboral”.

Dixo tamén que “non cremos que o xeito de respaldar ás mulleres galegas vítimas de violencia de xénero sexa reducirlle as axudas directas como é o caso do salario da liberdade”.

Goberno central

A parlamentaria socialista contrapuxo o compromiso do Goberno central coa actuación da Xunta, xa que “as medidas que funcionan non só as mantén, senón que as reforza” ademais de que “rectifica e adopta novas medidas”. En Galicia, dixo, asinou acordos de colaboración entre o Ministerio de Interior e 25 concellos para a incorporación da Policía Local ao “sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero”.

Grazas a este compromiso, dixo, reduciuse un 8,3 por cento o número de mortes por violencia de xénero dende a entrada en vigor da Lei en 2004, adoptáronse acordos neste ámbito en 117 reunións do Consello de Ministros -11 en 2010-, e dende o ano 2005 aprobáronse 14 leis e 88 reais decretos para desenvolver a Lei estatal.

Explicou que en 2009 destináronse á loita contra a violencia de xénero 348 millóns de euros, que ascenderon a 380 millóns en 2010 e foron orzamentados outros 384 para 2011. ademais, foron creados 103 xulgados específicos de violencia de xénero dende 2005, hai 1.940 unidades especializadas da Policía e a Garda Civil e foron creadas 59 unidades de coordinación e de violencia sobre a muller nas delegacións e subdelegacións. “Isto si é compromiso”, espetou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar