O PSdeG acusa á Xunta de “cargarse a sostibilidade do sistema de sanidade pública” co modelo de financiamento público – privado

O PSdeG acusa á Xunta de “cargarse a sostibilidade do sistema de sanidade pública” co modelo de financiamento público – privado

O PSdeG acusa á Xunta de “cargarse a sostibilidade do sistema de sanidade pública” co modelo de financiamento público – privado

A parlamentaria socialista Carmen Acuña acusou á Xunta de “cargarse a sostibilidade do sistema de sanidade pública” co seu recurso ao financiamento público – privado. Así o dixo no debate dunha Interpelación socialista no Pleno do Parlamento na que advertiu que a Xunta quere dar a explotación de 18 centros de saúde á mesma empresa privada, tal e como publicou o Diario Oficial da UE –DOCE-.

Esixiu á conselleira de Sanidade que explique “a qué empresa lle van facer a concesión, por qué” e cales van ser os centros de saúde licitados e criticou que a Xunta reduciu nun centro as súas previsións iniciais e incrementou o gasto previsto de 50 a 233 millóns de euros.

Advertiu que a Xunta quere dar a concesión para a explotación de 18 centros conxuntos a unha soa empresa privada durante 20 anos, co que “tardarían 5 anos en recuperar o investimento e quédanlle outros 14 para recoller os beneficios”. Explicou que a pesares disto a día de hoxe “non iniciaron nin un só dos 63 centros de saúde comprometidos” e apuntou que “a este ritmo non van ter tempo antes do remate da lexislatura”.

A responsable socialista dixo que o modelo de financiamento da sanidade pública defendido polo PP resulta insostible, ademais de ser ineficiente e opaco ao incluír os criterios de beneficio empresarial na prestación dun servizo público básico como é a sanidade. Explicou que un orzamento de 1.300 millóns de euros suporá incrementar o compromiso de pago a máis de 7.400 por mor do canon anual de 370 millóns de euros.

Criticou que o Executivo de Feijóo renuncie ao financiamento público dos servizos sanitarios cando destinan dous millóns de euros da Consellería de Sanidade a publicidade e propaganda “co que poderían facer 6 centros dos que comprometeron”. Lembrou que o Executivo deixou sen executar 1.500 millóns de euros do orzamento do ano pasado, desmentindo que non exista orzamento para facer unha sanidade pública de calidade.

Dixo que este modelo “fai que se perda o control público dos servizos sociais, reduce a calidade e incrementa o seu custe”. Salientou a “preocupación” instalada na cidadanía polo modelo de financiamento da sanidade pública polo goberno de Feijóo, tal e como demostraron “saíndo ás rúas a facer públicas as súas protestas”.

Copago e listas de espera

Acuña advertiu que a Xunta ten previsto instalar o copago polos servizos sanitarios, e dixo que “xa ten a casilla reservada” para este modelo de sanidade na súa planificación para este ano, polo que preguntou “cándo o van sacar á luz”.

A responsable socialista esixiu á Xunta que faga públicas as listas de espera sanitarias, e advertiu que “están esperando ás eleccións municipais para sacalas despois, ou iso ou é que son tan malas que non vale cunha sesión de maquillaxe senón que requiren dunha completa operación de cirurxía estética”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar