O PSdeG acusa a Rueda de privatizar os servizos telefónicos de atención á cidadanía

O PSdeG acusa a Rueda de privatizar os servizos telefónicos de atención á cidadanía

O PSdeG acusa a Rueda de privatizar os servizos telefónicos de atención á cidadanía

O coordinador da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, reclamou hoxe ao goberno galego que dea conta na Cámara autonómica da privatización do servizo telefónico de atención á cidadanía. O deputado socialista pide a comparecencia de Alfonso Rueda, Conselleiro da Presidencia, “ao descubrir que o goberno galego quere poñer en mans privadas servizos públicos centrais, adicados á información ao cidadán”

Lage Tuñas presentou unha Interpelación para o seu debate no parlamento, ao constatar “a decisión do goberno galego de privatizar os servizos telefónicos de atención aos cidadáns, nunha clara acción de sabotaxe ao modelo público de xestión da información”.

Dixo que “a externalización deste servizo afectará a diferentes ámbitos e porá en mans do sector privado a obriga dos poderes públicos de proporcionar aos cidadáns información sobre os servizos públicos.”

Austeridade de cartón pluma

Os socialistas galegos denuncian que a Xunta de Galicia sacou a concurso por valor de case tres millóns de euros un contrato que tera vixencia para os vindeiros dous anos dende a súa adxudicación. O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista censura o gasto de case tres millóns de euros da Xunta de Galicia para “privatizar a información pública” e di que “a austeridade de Feijóo e Rueda é de cartón pluma”.

“Queda demostrado unha vez máis que a austeridade de Feijóo é unha farsa. Bo exemplo tivemos onte coa parafernalia montada para a apertura da Cidade da Cultura, en plena crise económica”, apuntou Lage Tuñas. O viceportavoz socialista explica na súa Interpelación que o goberno galego “está desentendéndose” dun servizo “sensible que debe manterse na esfera pública”.

Lage Tuñas considera preciso “que o conselleiro de Presidencia traslade ao Parlamento unha información detallada” sobre este proceso que comezou a tramitar o pasado o 31 de decembro e que suporá un custe de case tres millóns de euros.

O deputado do PSdeG sinala que a información e as relacións da Xunta coa cidadanía son “materias sensibles que deben ser preservadas no cumprimento da lexislación en materia de protección de datos”. Engadiu que estas materias “deben estar na esfera pública, aínda que existindo e recoñecendo a existencia de diferentes fórmulas para dar cumprimento á legalidade vixente”.

O parlamentario socialista traslada a “preocupación” dos socialistas galegos por esta decisión do Goberno galego porque, sinala, “consideramos fundamental defender os servizos públicos”. Sinala que a externalización deste servizo “porá en mans do sector privado a obriga dos poderes públicos de proporcionar aos cidadáns información sobre os servizos públicos”.

Explica que a privatización afectará á información sobre oposicións e emprego público, a atención aos desempregados e aos empresarios que oferten postos de traballo. Esta liña 012 incluirá tamén, advertiu, os servizos de asesoramento e información sobre o agro, a vivenda pública ou servizos sociais.

Engadiu que a Xunta privatizará as liñas telefónicas onde atopar información sobre a organización e funcionamento da administración ou a “Guía do Cidadán” que asesora sobre os procedementos, trámites ou xestións diante das oficinas da Xunta de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar