O PSdeG acusa a Feijóo de “tapar a súa covardía diante dos 270.000 parados” no discurso de fin de ano

O PSdeG acusa a Feijóo de “tapar a súa covardía diante dos 270.000 parados” no discurso de fin de ano

O PSdeG acusa a Feijóo de “tapar a súa covardía diante dos 270.000 parados” no discurso de fin de ano

Méndez Romeu sinala que “hoxe non hai un só dato económico nin social que estea mellor que cando chegou ao goberno hai cinco anos”

Critica que Feijóo presuma de investimentos foráneos logo de dilapidar 8.000 millóns de euros na venda de NGB a Venezuela e de ter acadado un novo adiamento nos contratos dos floteis de Pemex

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que o presidente da Xunta ten apelado aos heroes de Angrois na axuda ás vítimas da catástrofe na súa mensaxe de Fin de Ano “para tapar a covardía do seu goberno diante dos 270.000 parados e paradas de Galicia”.

O responsable socialista lembroulle ao presidente da Xunta que “non hai ningún dato económico e social que estea hoxe mellor que hai cinco anos, cando chegou ao goberno”. En lugar disto, explicou, “vemos recortados os servizos públicos esenciais como o ensino, a sanidade e a dependencia”.

Méndez Romeu engade que grazas á xestións de Feijóo “os galegos e galegas ven multiplicados os impostos e taxas que gravan a economía das persoas” sen que teña sido adoptada “ningunha medida de estratexia económica que permita a recuperación no futuro”.

Advertiu que o ano 2013 “pasará á historia como o ano no que Feijóo impediu o coñecemento do que aconteceu coas caixas de aforros, no que impediu calquera avance na loita contra a corrupción, no que o sector naval quedou desmantelado e o sector eléctrico sen futuro”. A Xunta, engade, foi “un mero repetidor da política do goberno de Rajoy, que ten producido a situación mais grave da historia recente de España”.

Criticou que o presidente da Xunta presuma dos investimentos foráneos en Galicia, cando o que sucedeu foi que a súa neglixencia na fusión das caixas custoulle ás arcas públicas 8.000 millóns de euros pola venda de NGB a Venezuela e a petroleira mexicana Pemex vén de anunciar un novo adiamento nos contratos para a construción de dous floteis en Galicia que segundo Feijóo deberan estar en construción hai xa un ano.

Diálogo

Ademais, Méndez Romeu lembrou que Feijóo é membro da dirección do PP de España, e polo tanto “responsable directo da gravísima quebra da convivencia que representa o problema de Cataluña” provocado “pola súa incapacidade para dialogar”.

Sinalou que esta mesma incapacidade de diálogo ten “mostras abondosas na política galega, onde nin no debate de Orzamentos nin nas políticas de emprego foi posible acadar ningún tipo de acordo ata o día de hoxe”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar