O PSdeG acusa a Feijóo de reducir deputados para “reducir dereitos” e limitar o pluralismo e o control ao executivo

O PSdeG acusa a Feijóo de reducir deputados para “reducir dereitos” e limitar o pluralismo e o control ao executivo

O PSdeG acusa a Feijóo de reducir deputados para “reducir dereitos” e limitar o pluralismo e o control ao executivo

Méndez Romeu sinala que o PP “violenta as institucións” ao rachar o consenso sobre a Lei Electoral para ser “xuíz e parte dunha reforma que sempre lle beneficia”

Acusa ao presidente da Xunta de amosar “o peor rostro da dereita, o da intolerancia, o illamento e a confrontación”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao presidente da Xunta de reducir o número de deputados de forma unilateral para “reducir dereitos” representativos da cidadanía e “limitar o pluralismo e o control ao Executivo”. Así o dixo no debate da toma en consideración da reforma da Lei Electoral presentada polo PP rachando o consenso sobre esta norma.

O responsable socialista acusa a Feijóo de amosar “o peor rostro da dereita, o rostro da intolerancia, o illamento e a confrontación” ao romper cos acordos fundacionais das institucións democráticas. Dixo que o PP “violenta as institucións” ao rachar o consenso sobre a Lei Electoral co único obxectivo de ser “xuíz e parte dunha reforma que sempre lle beneficia”.

Méndez Romeu lembrou que a Constitución, do Estado das Autonomías, os estatutos e mesmo a Lei Electoral son estables polo “exquisito coidado” nun consenso que inclúa a tódolos sectores representados. “Pero –lamentou- agora chega a dereita, fai tabula rasa do que ten acontecido e di que o acordo territorial pode saltar polos aires, a Lei electoral cámbiase porque o di a maioría e botan abaixo os servizos públicos universais”.

Desbotou tamén o argumento do portavoz do PP, quen dixo que a República fracasara pola Lei Electoral, esquecendo que “houbo un golpe de Estado e unha Guerra Civil, e xa sabe vostede de qué lado estiveron os mortos e o que sucedeu cos vencidos durante 40 anos”. Puntualizou que “de aí vén o exquisito coidado á hora de dotarnos de normas estables” e de coidar o consenso durante a transición.

Acusou ao PP de manterse “sempre en contra das políticas de extensión de dereitos, e hoxe reducen o dereito dos cidadáns a ter un sistema electoral no que todos se atopen representados”. Desmentiu así que esta iniciativa permita mellorar o funcionamento da institución ou mellore a representación, mentres limita a redución de custe “a niveis simbólicos”.

Méndez Romeu lamentou que o presidente da Xunta considere a supresión de deputados “mais importante que a supresión de parados” e por iso “contra do Parlamento actúa, pero contra do paro non”. Lembrou que nos últimos 15 meses repetiu “sen argumentos” a proposta de suprimir deputados pero aínda non presentou unha soa proposta para impulsar a creación de emprego.

Ensimismamento

O portavoz socialista criticou a “falla de diálogo e ensimismamento” demostrado polo PP no debate de reforma da Lei Electoral ao rexeitar a proposta socialista de levar esta iniciativa a unha Comisión de Estudo que permita o debate e a participación dos colectivos sociais para “buscar clima de consenso”.

Lamentou que o PP rexeitara a iniciativa “porque propuñamos ideas heteroxéneas” e ironizou que polo tanto “non estamos no pensamento único, no dogma popular nin no aplauso irracional e acrítico ao líder”. Lembrou que o PP rexeitou tamén as 35 propostas socialistas para reformar a Lei electoral sen reducir deputados tal e como rexeitaron as 50 propostas no debate do Estado da Autonomía ou as 300 emendas aos orzamentos.

Subliñou que entre as propostas socialistas rexeitadas polo PP á reforma da Lei Electoral incluíase a creación dun Pacto Ético de boas prácticas e en contra da corrupción “que comprometa aos grupos en medidas demandadas abertamente polos cidadáns”. Mais alá, lembrou que o PP ten bloqueada a Comisión de Estudo de medidas contra a corrupción en Galicia, impedindo que esta remate cun acordo dos grupos.

En definitiva, sinalou que “carecen de razóns de peso para impulsar unha reforma como esta”, e situou no PP a “responsabilidade exclusiva de bloquear o diálogo e manter o Parlamento afastado das necesidades e dos intereses dos cidadáns”. En opinión de Méndez Romeu, Feijóo “predica a dialéctica da confrontación e unha sociedade desigual, provoca o conflito social en lugar de utilizar as institucións para reducilo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar