O PSdeG acusa a Feijóo de provocar o desplome do investimento en I+D de Galicia "se traslada aos sectores produtivos e ao emprego"

O PSdeG acusa a Feijóo de provocar o desplome do investimento en I+D de Galicia "se traslada aos sectores produtivos e ao emprego"

O PSdeG acusa a Feijóo de provocar o desplome do investimento en I+D de Galicia "se traslada aos sectores produtivos e ao emprego"

Abel Losada sitúa ao presidente da Xunta na “autocomplacencia” e “autobombo desaforado” mentres os traballadores especializados en I+D diminúen o dobre en Galicia que no estado

Censura a paralización do convenio para construír as novas instalacións do Cesga dende 2008 ata a súa publicación no BOE de onte mércores

O portavoz de Industria e Innovación do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe a Feijóo de provocar o desplome do investimento en I+D dende o sector público que viviu Galicia dende 2009. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Industria, o responsable socialista advertiu que mentres Feijóo se mantén na “autocomplacencia” e o “autobombo desaforado”, a caída de esforzo en I+D trasládase na caída dos sectores produtivos e o emprego.

Losada censurou que o presidente da Xunta teña presentado dende o Pleno do Parlamento a Galicia como rexión líder en políticas de innovación, cando a realidade evidencia que o I+D sitúase a nivel de Ucraína ou Turquía, por detrás do 70 por cento do resto das rexións da UE. Explicou ademais que dende a chegada de Feijóo o número de doutores no paro pasou de 200 a 700, de acordo cos datos da EPA.

Engadiu que o persoal que traballa en I+D “caeu o dobre que en España”, e que mentres a nivel nacional a cifra de negocios de alta tecnoloxía aumentou un 8,8 por cento no conxunto do Estado, en Galicia baixou un 9,7 por cento, e a poboación ocupada diminuíu un 9 por cento. Subliñou tamén que mentres o gasto en I+D+i nas empresas de mais de 250 traballadores reduciuse un 1,3 por cento, nas Pemes a redución foi do 7,1 por cento.

Abel Losada criticou que o desleixo do goberno galego contrasta co triunfalismo do presidente da Xunta, xa que a realidade evidencia que en 6 anos deixou sen executar 130 millóns de euros correspondentes ao Plan Galego de I+D+i. Galicia inviste actualmente en I+D 180 euros por habitante e ano, fronte aos 710 do País Vasco ou os 230 de Castela e León.

Ademais, sinalou que mentres o Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014, Horizonte 2020, prevía que en 2014 o investimento neste apartado acadaría o 1,5 por cento do PIB e en 2020 o 3 por cento, a realidade é que Galicia está actualmente no 0,87 por cento do PIB, pouco mais da metade do investimento previsto.

O parlamentario socialista citou ademais o informe do comisario europeo de Política Rexional, Johannes Hahn, que ademais pertence ao PP, e que sitúa a Galicia entre as rexións peor situadas da UE, por debaixo do 70 por cento. Este informe revela que en cualificación tecnolóxica atópase no 24 por cento, en innovación no 31 por cento e en educación superior no 44 por cento mais baixo.

Ademais acusou ao goberno galego de desatender ás recomendacións de dito informe, que aposta por manter no tempo as políticas de impulso do I+D+i, mentres Feijóo “o único que mantén dende que chegou ao goberno son recortes”, e por reactivar o apoio financeiro do Banco Europeo de Investimento ás políticas de investimento, mentres o goberno galego “mantén ao Igape literalmente crioxenizado”.

Cesga paradigmático

O portavoz socialista criticou o abandono do Centro de Supercomputación de Galicia –Cesga- como “paradigma” do desleixo con relación á investigación e a innovación como elementos estratéxicos para a reactivación económica e a creación de emprego por parte de Feijóo.

Losada presentou unha serie de iniciativas logo de coñecer a resolución do convenio para a construción dun edificio para este organismo, publicado onte no BOE, logo de “languidecer dende 2008”. Lembra que a resolución atende a un acordo subscrito en febreiro polo Ministerio de Economía e Competitividade, a Consellería de Economía e Industria e a Fundación do Cesga, que resolve o asinado en decembro de 2008 logo de recibir cofinanciamento do Feder.

Ademais explica que a resolución puntualiza que dende 2009 a Fundación Cesga realizou as actividades necesarias para a construción do novo edificio, como anteproxecto, concurso de ideas, proxecto e outras, “aínda que non puido comezar a execución da construción do edificio”.

Lembra que o Centro de Supercomputación “é un centro de excelencia investigadora que ten importantes efectos multiplicadores sobre os procesos de innovación, tanto pública como privada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar