O PSdeG acusa a Feijóo de provocar “a maior destrución da economía galega da historia democrática”

O PSdeG acusa a Feijóo de provocar “a maior destrución da economía galega da historia democrática”

O PSdeG acusa a Feijóo de provocar “a maior destrución da economía galega da historia democrática”

Méndez Romeu advirte que mentres garante o sector sanitario público a realidade é a súa “liquidación, destrozo e creba día a día”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe a Feijoó de provocar “a maior destrución da economía galega da historia democrática”. Así o dixo na sesión de control ao presidente, na que advertiu que mentres o presidente da Xunta se presenta como garante da sanidade pública, a realidade é que provoca a súa “liquidación, destrozo e creba día a día”.

O responsable socialista fixo balance hoxe da xestión de Feijóo á fronte do goberno galego, que logo de cinco anos “non é satisfactorio nin na economía, nin na creación de emprego nin nos servizos públicos”.

Así, explicou que Feijóo provocou “a maior destrución de emprego, a creación dunha nova xeración de emigrantes e o afundimento de sectores económicos completos”. Explicou que a conclusión é que en só un ano Galicia ten 13.000 parados mais, 114.000 dende a chegada de Feijóo ao goberno galego, uns niveis “sen precedentes”, mentres o ano pasado marcharon de Galicia 37.000 persoas, “a metade xente nova”.

Méndez Romeu comezou recoñecendo o éxito da empresa Barreras pola adquisición de novos contratos de construción naval, mentres lembroulle ao presidente da Xunta que Navantia “continúa sen carga de traballo”. Advertiu que mentres os traballadores protestan nas rúas Feijóo “non tivo un minuto para falar cos traballadores da factoría”, e co goberno de Feijóo o sector perdeu un 83 por cento do arqueo bruto compensado.

Fuxida da realidade

O portavoz socialista censurou a “fuxida da realidade constante” do goberno galego ao falar de solvencia, blindaxe dos servizos públicos ou recuperación económica “mentres agardamos a día de hoxe unha explicación mínima sobre a venda de NGB ou sobre qué pensa facer arredor do emprego de Galicia. Puntualizou que o presidente da Xunta “nin sequera é quén de convencer aos seus propios funcionarios de que din a verdade”.

Criticou que o presidente da Xunta cuestione a “tantos e tan ben cualificados profesionais sanitarios que están a cotío protestando, informando aos doentes e poñendo de manifesto a maior creba do Sistema Público de Saúde da historia recente”.

Méndez Romeu dixo ademais que a palabra de Feijóo está “desprestixiada”, xa que “cando ía resolver a situación do sistema financeiro foi en realidade o seu liquidador –regalando con sordina o 40 por cento do aforro galego en condicións opacas-, e agora di que é o garante do sector sanitario cando se produce a súa liquidación, destrozo e creba día a día”.

Servizos públicos

O goberno galego, engadiu, “cuestiona fortemente” os servizos públicos que cobren as principais continxencias das persoas e que garanten a equidade e non discriminación, a través de “constantes reducións na cobertura e as prestacións dos distintos servizos públicos”.

Denunciou que en cinco anos de goberno de Feijóo teñan reducido 4.000 millóns de euros de gasto social, mentres no que vai de lexislatura xa recortaron 244 millóns en sanidade, 307 en ensino público, 293 en emprego, 85 en acción social e 96 en vivenda. Criticou que mentres mais da metade das familias chegan con dificultades a fin de mes, a Xunta incrementa a presión fiscal.

Méndez Romeu aludiu así á suba dos impostos de transmisións patrimoniais e de hidrocarburos, ou ás taxas da auga e do lixo, ao tempo que aplican sobrecuste nos servizos escolares e suprimen 400 medicamentos da farmacia hospitalaria mentres aplican o copago nos demais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar