O PSdeG acusa a Feijóo de grave incumprimento á lei 1/83 da Xunta durante as súas vacacións

O PSdeG acusa a Feijóo de grave incumprimento á lei 1/83 da Xunta durante as súas vacacións

O PSdeG acusa a Feijóo de grave incumprimento á lei 1/83 da Xunta durante as súas vacacións

O coordinador da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage denunciou “o flagrante incumprimento” da Lei 1/1983 da Xunta e do seu Presidente, por parte de Alberto Núñez Feijóo durante as súas vacacións de Nadal.

O deputado socialista presentou unha interpelación na cámara galega co obxecto de que “o goberno galego explique esta situación de vulneración da legalidade vixente, deixando Galicia sen Presidente durante unha semana”. Lage Tuñas recorda que “durante o pasado mes de decembro de 2010 e no comezo do ano 2011 o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, desfrutaba duns días de vacacións no continente americano, concretamente en Brasil”.

O deputado socialista explica que “a lei 1/1983 da Xunta e do seu Presidente contempla no seu artigo 22 a sustitución por ausencia e a posibilidade dunha designación expresa do Presidente para suplir a citada ausencia. En todo caso a cobertura da ausencia terá que publicarse no Diario Oficial de Galicia (artigo 22, lei 1/1983)”.

Lage Tuñas denuncia que “trátase dunha ausencia do Presidente da Xunta de Galicia que non foi cuberta por sustitución de ningún conselleiro/a, con carácter temporal, e previa publicación no Diario Oficial de Galicia, todo isto a pesar de atoparse o Sr. Núñez Feijóo de vacacións, o que teóricamente contradícese coa situación de estar traballando, xa que si se está de vacacións non se está traballando”.

O deputado do PSdeG-PSOE sinala que “obsérvase un flagrante incumprimento da Lei 1/1983 da Xunta e do seu Presidente ao non terse producido ningún tipo de publicación no Diario Oficial de Galicia dando conta do conselleiro ou conselleira que cubría temporalmente a ausencia por vacacións do Sr. Núñez Feijóo”.

Lage afirma que “o Sr. Presidente da Xunta de Galicia vén de pisotear a Lei que regula o funcionamento do goberno galego e da súa máxima autoridade, o propio presidente. É preciso que o goberno galego aporte con urxencia ao parlamento de Galicia explicacións sobre o incumprimento da lexislación vixente no referido á figura do seu máximo representante”.

O Portavoz da Área institucional do Grupo Socialista recordaba hoxe que “ata o de agora só coñecemos unha nova teoría apuntada polo Sr. Rueda Valenzuela, conselleiro da Presidencia, e na que explica a nova fórmula de “presidir Galicia dende aparato de telefonía móbil”, e xustificando á súa vez que se pode gobernar Galicia dende o continente americano”.

“É fundamental que o goberno galego explique aos cidadáns a falta de transparencia no referido caso da ausencia do Presidente da Xunta sobre a que se intentou botar un manto de silencio e misterio que só contribiu a xerar malestar entre a cidadanía, froito da ausencia de claridade e información por parte do propio goberno galego”.

Lage Tuñas reflexiona sobre o feito de que “unha parte importante da cidadanía galega tamén se cuestiona a ausencia por vacacións do Presidente da Xunta mentras Galicia sofre unha forte crise económica, vive os efectos do temporal e das riadas, ou cando ao mesmo tempo que o Sr. Feijóo se vai de vacacións están dous galegos secuestrados no océano Índico”.

Sinala tamén o parlamentario socialista que “agora toca que o goberno explique o incumprimento da legalidade vixente, sen esquecer que está quedando ao descuberto a doble vara de medir do Partido Popular e do seu Presidente, o Sr. Feijóo, cando fai ben pouco tempo se lles enchía a boca a falar de austeridade e de comportamentos éticos, que á vista da reacción dunha parte da sociedade non parece que se correspondan cos feitos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar