O PSdeG acusa a Feijóo de “botarlle gasolina ao lume” da sanidade pública ao defender á conselleira de Sanidade logo do caso de nepotismo “xulgado e sentenciado”

O PSdeG acusa a Feijóo de “botarlle gasolina ao lume” da sanidade pública ao defender á conselleira de Sanidade logo do caso de nepotismo “xulgado e sentenciado”

O PSdeG acusa a Feijóo de “botarlle gasolina ao lume” da sanidade pública ao defender á conselleira de Sanidade logo do caso de nepotismo “xulgado e sentenciado”

Méndez Romeu reclama a destitución de Mosquera e un cambio da planificación e xestión para frear a privatización do sistema e o recorte de dereitos

Acusa ao goberno galego e ao PP de marxinar aos cidadáns de Vigo e Pontevedra “por non votalos”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe a Feijóo de “engadirlle gasolina ao lume” da sanidade pública ao defender á conselleira de Sanidade logo do caso de nepotismo “xulgado e sentenciado” polo TSXG. Anunciou que os socialistas pedirán no Pleno a destitución de Mosquera e o freo do desmantelamento e privatización do sistema por parte de Feijóo.

Méndez Romeu explicou que o mantemento da conselleira mentres o alto tribunal constata e condena o nomeamento irregular do seu marido como xefe do servizo de cirurxía do Hospital de Santiago por “desvío de poder” é a pedra de toque da xestión da sanidade pública galega por Feijóo.

Resumiu hoxe as diversas iniciativas socialistas sobre a situación da sanidade pública que serán debatidas na sesión plenaria de mañá acusando ao PP de cambiar o modelo sanitario “arbitrariamente e con motivos ideolóxicos”. A consecuencia, dixo, é unha “fenda social darwinista” na que as persoas con recursos teñan unha sanidade privada e o resto dispoñan dun sistema público insuficiente.

Acusou a Feijóo de encetar un modelo que remate coa atención universal, que reduza a cobertura sanitaria e implanta o dobre pago –a través de impostos e a través de pago directo- mentres enceta a privatización progresiva. Lembrou que este modelo foi xa “desmentido pola realidade” tanto no hospital privado de Alzira ou na privatización da sanidade madrileña.

O responsable socialista lembrou que o actual presidente da Xunta xa encetara o mesmo proceso nos anos 90 como responsable do Sergas, con Romay Beccaría como conselleiro e con Fraga de presidente, ao implantar o modelo de fundacións sanitarias que “finalmente quebraron e foi o goberno de Pérez Touriño quen tivo que rescatalas”.

Hoxe, retoma a súa iniciativa como presidente implantando un modelo que prexudica aos usuarios pero que resulta “moito mais oneroso, no que gañan hospitais e seguros privados”.

Marxinación

O responsable socialista secundou as mobilizacións de facultativos e colexios de médicos que advirten da reorganización do mapa sanitario galego situando ao sistema no camiño da quebra. Sinalou así que o Pleno incluirá unha proposición non de Lei do PSdeG contra o novo mapa sanitario, que marxina claramente aos cidadáns de Vigo e Pontevedra, evidenciando que “Feijóo e o PP castigan aos cidadáns por non votalos”.

Denunciou o “dobre discurso” de Feijóo que asegura defender o sistema mentres coa súa xestión suma xa mais de 30 medidas dirixidas a recortar os dereitos dos usuarios, e anunciou unha proposición non de Lei a favor do aborto na que “comprobaremos a verdade das chamadas ao consenso” por parte do presidente da Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar