O PSdeG acusa a Feijóo de agocharse ante os problemas dos veciños ao non recibir a os alcaldes contrarios á suba do canon do lixo

O PSdeG acusa a Feijóo de agocharse  ante os problemas dos veciños ao non recibir a os alcaldes contrarios á suba do canon do lixo

O PSdeG acusa a Feijóo de agocharse ante os problemas dos veciños ao non recibir a os alcaldes contrarios á suba do canon do lixo

Marcos Blanco, alcalde de Ribadavia, lamenta que mentres os alcaldes “buscamos diálogo, consenso e acordo” o presidente da Xunta “só quere impoñer o canon”

O portavoz dos alcaldes socialistas na reunión contra a suba do canon anuncia que os rexedores seguirán a folla de ruta que se trazaron en Vidán, que inclúe mobilizacións e o recurso á Xustiza

Recrimina a Feijóo e a Hernández que non traballen na procura dunha alternativa a SOGAMA, en lugar de prexudicar a economía dos veciños con subas do 34% no recibo do lixo

O portavoz dos alcaldes do PSdeG-PSOE na reunión de Vidán contra o canon do lixo, Marcos Blanco, censurou a decisión anunciada polo presidente da Xunta, Núñez Feijóo, de non atender a solicitude de diálogo e non reunirse cos alcaldes críticos coa suba do 34 por cento do canon de SOGAMA aprobado polo Goberno galego.

Para o rexedor socialista de Ribadavia, Feijóo demostra estar “afastado dos problemas reais dos veciños” e “obsesionado por gobernar de costas á sociedade galega e de xeonllos cara Rajoy”. Lamenta que mentres os alcaldes “buscamos diálogo, consenso e acordo, o presidente da Xunta só quere impoñer as súas decisións”.

Recordou que a petición de entrevista co Presidente galego forma parte dunha “folla de ruta acordada na reunión de Vidán por unanimidade dos 97 alcaldes” e esta “segue en vigor e ímola desenvolver con todas as consecuencias”. A reunión de Vidán acordou un calendario de mobilizacións, que contemplaba o peche de rexedores en San Caetano, e recorrer á vía xudicial, presentando un recurso contencioso contra o canon.

O rexedor socialista tampouco considera “unha mostra de interese polo diálogo por parte de Feijóo que anuncie que delega este asunto no conselleiro de Medio Ambiente”. Marcos Blanco recordou o recente episodio no que Hernández ameazaba con expulsar de Sogama a os concellos que non se pregasen aos designios do conselleiro.

O alcalde de Ribadavia reprocha a Feijóo e aos populares a falta de alternativas á incineración e a seguir elevando o canon, “que repercute nas maltreitas economías dos nosos veciños”. Lembrou que, ó contrario do que fai a Xunta, os concellos críticos co canon se comprometeron “a elaborar unha alternativa viable e sostible a Sogama”, que representa “un modelo caduco tanto a nivel económico como medioambiental”.

O rexedor socialista explicou que existen alternativas “que xa non son utopías, senón que son proxectos que se están a exercer en outras partes de España e de Europa”. Trátase de extrapolar estes modelos, adaptándoos ás características de Galicia, elaborando unha alternativa “rigorosa, tecnicamente viable, e factible”. En definitiva, “poder amosar a Feijóo que hai sistemas máis rendibles no económico e máis eficientes desde o punto de vista ambiental”.

O primeiro da clase

O responsable socialista acusa ao Presidente da Xunta de “agocharse e non dar a cara para explicar á sociedade a posición do seu Goberno ou a súa responsabilidade diante dos verdadeiros asuntos que interesan á sociedade”. Criticou que “pretende ser o primeiro da clase en aplicar os recortes que lle ditan desde Madrid e non dubida, por exemplo, en castigar a anciáns e enfermos crónicos con repagos sanitarios que outros baróns e líderes do seu propio partido poñen en cuestión”.

Blanco acusou a Feijóo de promover cortinas de fume para non explicar asuntos como os que os socialistas esixiron abordar nunha Deputación Permanente, tales como a venda de Novalgalicia Banco e a solución aos preferentistas, a suba da tarifa eléctrica e a aniquilación das renovables en Galicia, a situación dos hospitais ou, “algo que nos afecta aos concellos directamente e que deixará moi tocados os Servizos Sociais nos pequenos municipios, como é a reforma local”, explicou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar