O PSdeG acusa a Farjas de “montar unha farsa e maquillar os datos”

O PSdeG acusa a Farjas de “montar unha farsa e maquillar os datos”

O PSdeG acusa a Farjas de “montar unha farsa e maquillar os datos”

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, denunciou hoxe o deterioro da sanidade pública galega, que presenta a peor lista de espera dos últimos seis anos, e acusou á conselleira Pilar Farjas de “montar unha farsa” e “maquillar os datos”. Considerou “incomprensible” que o Goberno galego amose satisfacción pola súa xestión “cando hai 420.000 persoas en lista de espera para unha intervención cirúrxica, primeira consulta de especialista ou proba diagnóstica”.

Así, detallou que “máis de 50.000 galegos e galegas esperan por unha intervención, mentres son e mais de 250.000 os que esperan por unha primeira consulta de especialista e mais de 120.000 os que agardan por unha proba diagnostica”. “É moi triste ver a satisfacción que amosa o presidente da Xunta, cando nunca estiveron peor as listas de espera nos últimos seis anos”.

A isto engadiu as listas pechadas, “que son xeneralizadas”, xa que apenas se dan citas en atención especializada, o que está a xerar unha lista de espera en atención primaria “como nunca houbo”, sinalou. No caso das probas diagnósticas, criticou que “milleiros de persoas que piden un TAC ou unha resonancia agardan meses e meses ata que se lles fai a proba”.

Como exemplo disto, Fernández amosou a copia dunha carta remitida polo CHUS a un cidadán ao que lle anulan unha cita para o especialista en ciruxía vascular prevista para o mes de xuño. Nesta carta explícaselle que “por mor dunha redistribución de recursos” se lle empraza a volver ao médico de atención primaria para que “avalíe a súa situación e a conveniencia ou non da derivación á atención especializada”.

“É dicir, lle din a un paciente que xa fora derivado ao especialista, que ten que volver ao médico de atención primaria para que confirme si ten que ir ao especialista ou non”, explicou Fernández, quen denunciou que “esta é a maneira que ten a Consellería de maquillar as listas de espera”.
Fernández acusou á conselleira de “montar unha farsa” e sinalou que “aínda maquillando as listas, o certo é que os datos que publica a propia consellería na web demostran que en 2010 tiñamos que esperar dez días máis para ciruxía e dous días máis para consulta do especialista”.

O socialista responsabilizou deste deterioro da atención sanitaria ao Goberno galego, “que demostra o pouco que lle importa a sanidade pública, ao reducir en máis de 200 millóns o seu orzamento”. Así, o investimento por persoa reduciuse en 70 euros no último ano, o que levou a Galicia a pasar do oitavo posto en investimento por habitante, ao posto número 11 en tan só dous anos.

Engadiu a isto o retraso do pago aos proveedores, e sinalou que mentres co Goberno socialista, o período medio de pago pasou de 249 días en 2005 a 56 días en 2008; en 2010 supera os 180 días. Alertou de que este retraso provoca un incremento dos xuros de demora, “que ao cabo do ano son moitos millóns de euros que hai que pagar de máis debido á mala xestión da Consellería”. Na mesma liña criticou que a privatización do Hospital de Vigo suporá gastar 1.100 millóns máis do que estaba previsto polo anterior executivo.

Criticou ademais a supresión de programas asistenciais fundamentais como o de mellora de atención primaria, o de saúde mental, a atención integral á muller, ou o plan galego de coidados paliativos, entre outros.

Catálogo de medicamentos

Preguntado polo catálogo de medicamentos, afirmou que a negativa da conselleira a participar hoxe nunha reunión co Ministerio demostra “que non ten interese en buscar solucións”, dado que “o catálogo de medicamentos é unha pantalla de fume para tapar a súa mala xestión”, sentenciou.

“Tentan vender o catálogo priorizado como unha medida de aforro, cando en realidade é un recorte de dereitos”, sinalou Fernández, quen aludiu ao incremento do gasto farmacéutico, ao apuntar que “pasamos dos mellores postos das comunidades, a ocupar o primeiro posto en gasto por receita, un 2 por cento máis que a media estatal”.

Na mesma liña sinalou que Galicia ocupa o segundo posto en costo global farmacéutico, un 2,7% por riba da media estatal, e en receitas facturadas, ocupa o cuarto posto, un 1% por riba da media do Estado”. Engadiu que en xaneiro “en pleno vigor do catálogo, o número de receitas incrementouse nun 6% e en febreiro nun 2%”.

“A conselleira terá que aceptar que o que verdadeiramente esta a supoñer un aforro no gasto farmacéutico son as medidas de contención do gasto do Goberno central”, apuntou, á vez que subliñou que “a mellor opción para conter o gasto non é recortar dereitos senón a prescripción por principio activo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar