O PSdeG abrirá o curso político coa vicepresidenta do Goberno nun acto en Santiago e un xantar en Oroso

O PSdeG abrirá o curso político coa vicepresidenta do Goberno nun acto en Santiago e un xantar en Oroso

 

Carmen Calvo e Gonzalo Caballero compartirán escenario mañá nun encontro que abrirá o alcalde de Vigo e presidente da FEMP

 

Santiago, 31 de agosto de 2018. Os socialistas galegos contarán mañá, para a apertura do curso político, coa presenza da vicepresidenta do goberno, Carmen Calvo, quen participará nun acto en Santiago antes de sumarse ao xantar organizado en Oroso con máis de medio centenar de persoas.

 

En primeiro termo, a vicepresidenta do goberno compartirá escenario co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, nun encontro no que o alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, encargarase da apertura.

 

Terá lugar no Hotel Monumento San Francisco a partir das 12.15 horas, con presencia de diversos alcaldes socialistas, presidentes de deputación, parlamentarios, deputados, senadores e outros cargos do partido nas catro provincias.

 

Ao remate, os socialistas galegos desprazaranse ata Oroso para participar nun xantar cuns 600 militantes e simpatizantes, o aforo máximo previsto, co rexedor, Manuel Mirás Franqueira, como anfitrión.

 

Será a partires das 13.30 horas na área recreativa Penateixa, e tamén contará coa intervención do presidente da Deputación da Coruña e secretario provincial, Valentín González Formoso.

 

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar