O proxecto de lei do PSdeG conxela o canon de 2013 e garante a participación dos concellos na definición do canon futuro

O proxecto de lei do PSdeG conxela o canon de 2013 e garante a participación dos concellos na definición do canon futuro

O proxecto de lei do PSdeG conxela o canon de 2013 e garante a participación dos concellos na definición do canon futuro

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, presentou en rolda de prensa unha proposición de lei que propón a modificación da lei 10/2008 de xestión de residuos de Galicia para incluír nos seus fins unha visión global do tratamento do lixo no país e establecer un sistema máis rápido de revisión dos plans de residuos e, sobre todo “para deseñar un sistema no que os concellos participen na definición do canon futuro, co informe da FEGAMP, e previa información financeira e ambiental suficiente aos concellos que hoxe non existe.

A proposición de lei socialista inclúe a conxelación do canon no 2013 e insta á elaboración, en seis meses, dun novo Plan de Residuos que permita dar resposta acaída á problemática do lixo en Galicia. Salientou Méndez que o texto lexislativo socialista, que se debaterá no vindeiro período de sesións, recolle a “integración dos distintos modelos de xestión nun único esquema de tratamento”. Non ten por que darse sempre á mesma solución ao lixo, pero si é certo que inevitablemente si se comparten algunhas das fases do proceso de recollida ou de tratamento.

O portavoz socialista criticou ao Goberno Feijóo porque a única proposta que ten feito en relación á cuestión de SOGAMA foi un adiamento temporal da medida, retrasando a entrada en vigor da suba do canon ata o verán. Unha proposta que os concellos consideraron insuficiente. Os concellos requiren un incremento escalonado, “porque SOGAMA non ten por que acadar beneficios financeiros en 2014 a costa deste incremento”, coincidiu Méndez.

Denuncian os socialistas que o modelo de xestión que a estas alturas propón a Xunta de Galicia é “insostible”. O Plan de Residuos, que foi modificado polo Goberno de Feijóo prevía en 2011 investimentos por valor de 50 millóns de euros ao ano, cantidade que non se acadou; a construción dunha planta no sur de Galicia, proxecto vinculado ao concurso eólico que xa está abandonado e propoñía tamén o incremento da reciclaxe e a redución de residuos en vertedoiros, pero “ningún deses obxectivos foi levado a cabo polo Goberno de Feijóo”, reprochoulle Méndez Romeu.

Feijóo “está incumprindo a súa propia proposta de modelo de xestión de residuos”, acusou o portavoz socialista, o que engadiu que, como consecuencia, “estámonos afastando da tendencia europea e mesmo das normas comunitarias”.

Méndez Romeu denunciou a existencia dunha “subordinación do interese público ao interese privado”, nomeadamente aos intereses dunha das empresas socias de SOGAMA, Gas Natural Fenosa. Agora, diante do cambio enerxético en España, estase producindo unha merma de ingresos en SOGAMA pola xeración eléctrica, minoraron as primas de valorización enerxética e o desequilibrio económico vai ser progresivo.

Hoxe, SOGAMA incinera o 30% cunha mínima reutilización, e, sinala o portavoz do Grupo Socialista, a súa capacidade está superada, non pode tratar máis do límite ao que ten chegado.

O canon que pagan os concellos tense duplicado en soamente oito anos, e todo isto repercute nas familias, que asumen cada ano novos pagamentos por taxas e prezos públicos, canon da auga, tarifas eléctricas, medicamentos, libros, etc.

O modelo actual de tratamento do lixo chegou ao seu límite, “se queremos converxer con Europa, compre impulsar a reutilización, a reciclaxe, a compostaxe e dar participación aos concellos”. O custo mediambiental en Galicia é dos máis elevados en España, segundo consta nos informes manexados polos socialistas.

Por estas razóns e ante “a incapacidade da Xunta para levar adiante o seu programa, dar participación aos concellos e mesmo para situarnos en sintonía con Europa”, os socialistas defenderán a proposición de lei rexistrada.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar