O proxecto de lei convirte a política de vivenda nun instrumento dos operadores privados e prescinde da reserva de solo para as rendas baixas

O proxecto de lei convirte a política de vivenda nun instrumento dos operadores privados e prescinde da reserva de solo para as rendas baixas

O proxecto de lei convirte a política de vivenda nun instrumento dos operadores privados e prescinde da reserva de solo para as rendas baixas

O Secretario de Ordenación do Territorio, Infraestruturas e Mobilidade da Executiva do PSdeG-PSOE, Luis Gómez Piña, denuncia que o proxecto de Lei de Vivenda suprime os aspectos máis sociais e progresistas da normativa vixente

A Xunta non conta cos concellos e anula aspectos presentes na lexislación dedicados á cohesión social e ó acceso a vivenda das rendas baixas

Denuncian unha redución moi significativa nas reservas mínimas de solo para vivendas protexidas

O Secretario de Ordenación do Territorio, Infraestruturas e Mobilidade da Executiva do PSdeG-PSOE, Luis Gómez Piña, afirmou que o proxecto de lei de Vivenda do Goberno galego “suprime os aspectos máis sociais e progresistas da normativa vixente” e, o que considera máis importante, “non reforza as garantías do dereito constitucional a unha vivenda digna para todos os galegos e todas as galegas”.

Esta é unha das conclusións da xuntanza de traballo que o responsable da área de Ordenación do Territorio mantivo cos alcaldes, portavoces municipais socialistas, e responsables nas Executivas Provinciais e Locais en materia de Vivenda, á que asistiron tamén os executivos de Política Municipal, Luis Ángel Lago Lage, de Coordinación de Economía, Carmen Gallego, e cos parlamentarios autonómicos voceiros de Ordenación do Territorio, Ismael Rego e Vivenda, Luis Toxo.

Salienta tamén Gómez Piña que para os socialistas co texto presentado polo Executivo “a política pública de Vivenda para a ser, na práctica, un instrumento en mans de operadores privados”. Os Concellos, apunta, “non contan” a non ser que posúan instrumentos propios para este fin.

O proxecto de lei de Vivenda “aposta pola plena preponderancia do libre mercado e a promoción privada” critica Luis Gómez Piña, que acusa aos populares de anular aspectos importantes para o obxectivo dunha maior cohesión social e atención aos sectores sociais máis necesitados.

Denuncian os socialistas a “redución moi significativa” nas reservas mínimas de solo para vivendas protexidas, evidenciando a falla de vontade política de promover este tipo de vivendas. Acusa tamén ao Goberno de Feijóo de deixar sen definir aspectos urbanísticos fundamentais en relación aos cambios que se promoven.

Gómez Piña afirma que o proxecto da Xunta “non considera ningunha medida de gasto público para a promoción de vivendas protexidas”. Tampouco promove medidas en materia de aluguer, chegando a anular a obriga das mesmas para o Goberno galego.

Critican os socialistas que o proxecto pretenda prescindir das reservas de solo para a construción de vivendas de titularidade pública, “que estaban destinadas ás rendas máis baixas”, apunta o secretario de Ordenación do Territorio da Executiva do PSdeG.

Os socialista consideran que é preciso incorporar a este proxecto de lei “axudas públicas para a rehabilitación, usos, e regulamentar mellor as ARIS e as subvencións previstas”. Tamén salienta Gómez Piña que os asuntos de superficie “debéranse resolver dun xeito máis racional, tendo en conta, ademais da máxima superficie útil, tamén a superficie mínima”.

Conclúe o dirixente socialista que o proxecto de lei da Xunta “des-regula a política de vivenda” e esixe unha maior coordinación entre o planeamento municipal actualizado e a nova lei.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar