O protocolo da Xunta contra a seca é unha "tomadura de pelo"

O protocolo da Xunta contra a seca é unha "tomadura de pelo"

O protocolo da Xunta contra a seca é unha "tomadura de pelo"

p>A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego, ven de recriminar ao Conselleiro Hernández ter presentado hoxe no Pleno un protocolo contra a seca. Considera que se trata dunha “tomadura de pelo” para o Parlamento de Galicia traer un documento para coordinar ao Goberno e esixiu ao titular de Medio Ambiente “un plan de seca” e que a Xunta poña medidas enriba da mesa e fale cos concellos e cos sectores afectados que están sufrindo perdas.

Carmen Gallego considerou unha perda de tempo do conselleiro e unha “falta de respecto” á Cámara galega vir presentar nestas datas un protocolo de actuación para coordinara o goberno e facer unha serie de inventarios para garantir o abastecemento ou para emendarlle  a plana ao PLADIGA. ou revisar os plans da consellería de Medio Rural e do Mar para extinción de incendios forestais.

“Chegaron un pouco tarde, señor conselleiro”, dixo Gallego, que lle recordou a Agustín Hernández que os socialistas xa lle pediran a incorporación dun plan contra a seca desde o debate da Lei de Augas de Galicia. “Volvemos a pedirllo cando publicaron o borrador do Plan Hidrolóxico para a bacía de Galicia Costa”, solo se recolleu a necesidade de facelo.

Reprochoulle que o protocolo presentado hoxe contempla as mesmas medidas que as que recolle unha nota da consellería do 3 de xuño de 2011, e que do dito hai un ano “non se cumpriu nada, non fai nada, só propaganda”.

O Goberno de Galicia, que recoñece que 2011 foi o ano máis seco dos últimos cincuenta e que recoñece que os datos de 2012 vano colocar nese primeiro posto, “non fai nada por poñer en marcha medidas preventivas e paliativas contra a seca, só actúa con desleixo”, acusou a deputada socialista.

Aos socialistas parécelle “pouco razoable” que en lugar que un ano e catro meses despois de iniciarse a seca, en vez de vir presentar un Plan con actuacións concretas, orzamentos e prioridades ven e presenta un protocolo para que se coordinen (o Goberno) entre si, “cando nós críamos que iso xa o facían sen ter que presentarnos un protocolo”, ironizou.

AUSENCIA DE REUNIÓNS COS CONCELLOS E SECTORES AFECTADOS

Recordoulle ao titular de Medio Ambiente a xuntanza co Delegado do Goberno a finais do ano pasado para coordinar a prevención e extinción dos lumes forestais, “que non foi moi produtiva a xulgar polo acontecido neste ano”.

Recriminou ao Goberno galego que non se teña reunido coas hidroeléctricas para non poñer en risco a vida piscícola, que mantiveran a apertura da temporada de pesca o 18 de marzo, e non ter activado en coordinación dos concellos medidas de aforro do consumo de auga.

Tamén lle criticou ao conselleiro que a Xunta non se teña reunido cos sectores afectados coa seca. Salientou o sector gandeiro que está perdendo entre 7.000 e 11.000 euros. Porque os anuncios feitos polo conselleiro “son mera propaganda”. Explicou a deputada socialista que a redución dos módulos, xa lles corresponde aos gandeiros polas perdas, non hai ningún seguro agrario en Galicia establecido contra a seca e os adiantos da PAC xa os poden facer a mes de outubro e o que lle pagaron foi o que lles debían do ano pasado. “Non hai unha axuda nova”, afirma.

Esixe ao goberno galego que, xunto co goberno de España se negocie en Bruxelas un cambio no límite de minimis, “outros o fixeron antes e é unha pena que vostedes renuncien” a igualar ese límite co que conseguira o anterior Goberno co sector pesqueiro.

UN PROTOCOLO QUE “NON EXISTE”

A parlamentaria socialista respondeu á solicitude de consenso do conselleiro esixíndolle o texto do protocolo, que non foi entregado por Hernández á Cámara. Constata, deste xeito Gallego Calvar “que se trata da mesma nota de prensa de hai un ano” que a propia deputada esgrimira na súa primeira intervención.

Insistiu na disposición do Grupo Socialista a consensuar cando se trata dos grandes temas do país, e a escaseza de auga “estase a converter nun problema para o conxunto da cidadanía, estamos aportando desde hai máis dun ano solucións, pero é unha mágoa que o Grupo Popular e vostede mesmo rexeiten as nosas iniciativas”, dixo.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar