O presunto financiamento ilegal do PP pon en risco fondos de formación da UE

O presunto financiamento ilegal do PP pon en risco fondos de formación da UE

O presunto financiamento ilegal do PP pon en risco fondos de formación da UE

cola-del-paroA deputada socialista Marisol Soneira vén de advertir que o presunto desvío de fondos da Xunta para o financiamento ilegal do PP investigado na Operación Zeta podería ter derivadas no seno da UE. No debate dunha pregunta oral en Comisión, alertou do bloqueo de fondos comunitarios destinados á formación laboral e da posible apertura dunha investigación de oficio pola Comisión Europea.

A deputada socialista advertiu que, en resposta a unha pregunta do eurodeputado socialista José Blanco, a Comisión Europea demostrouse ao corrente do caso e sinalara que dende comezos do pasado mes de decembro non recibira ningunha resposta oficial aos seus requirimentos por parte das autoridades españolas. Ademais, alertaba de que en canto recibira a información “podería iniciar unha investigación propia”.

Soneira criticou que os parados galegos teñan que sufrir unhas “gravísimas acusacións” sobre prácticas presuntamente ilegais que afectan ao financiamento do principal partido de Galicia, “como está a advertir tódolos días o principal implicado na trama”, en alusión ao empresario Gerardo Crespo. Estas acusacións, engadiu, “choven sobre mollado”, e lembrou o caso do uso dos fondos polo PP de Ourense.

Unha advertencia mais, dixo, a un goberno, o galego, que é advertido case a diario do risco de ter que devolver fondos comunitarios pola escasa execución dos proxectos cofinanciados entre a UE e a Xunta.

Vehículos oficiais

A responsable socialista preguntou tamén polo suposto uso irregular do vehículo oficial asignado ao comisario xefe da Unidade de Policía Adscrita a Galicia, que de acordo coas directrices da Dirección Xeral de Policía debe estar limitado a servizos policiais e prohibido para desprazamentos ao domicilio e xestións non relacionadas co servizo.

Criticou un suposto uso do dito vehículo a tempo completo e fora do horario laboral, tal e como teñen feito os propios sindicatos policiais. Denunciou que naqueles casos a resposta é a apertura sistemática de expedientes aos representantes sindicais, obrigando a convocar novas eleccións ao estar todo o Comité de Empresa expedientado e ameazado de expulsión.

Dixo que “alguén terá que explicar por qué o comisario xefe ven polas mañás a Santiago, vai comer a mediodía á Coruña e volve pola tarde” e si utiliza para estes desprazamentos o vehículo oficial.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar