O presidente do Consello Consultivo debe cesar por "poñer en tela de xuízo" a independencia do órgano

O presidente do Consello Consultivo debe cesar por "poñer en tela de xuízo" a independencia do órgano

O presidente do Consello Consultivo debe cesar por “poñer en tela de xuízo” a independencia do órgano

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamou hoxe o cese do presidente do Consello Consultivo por poñer “en tela de xuízo” a independencia do órgano encargado de velar pola transparencia institucional. Sinala que “a súa situación procesual non é a máis adecuada” e cuestiona que a Xunta queira cambiar a Lei do Consello Consultivo para permitirlle nomear a dedo aos seus letrados.

Os socialistas galegos presentaron unha batería de iniciativas parlamentarias para que o Goberno explique si respalda a este responsable investigado por presunto tráfico de influenzas no marco da Operación Cóndor e que conta dende o 13 de xaneiro cunha sentenza en contra do xulgado de Santiago por alterar as condicións dos funcionarios de forma irregular.

De acordo coa sentenza, o presidente do Consultivo decidiu deixar de pagar os complementos retributivos aos traballadores sen ningún tipo de motivación, nunha mostra de “torpeza e inxustificación”. Agora deberá devolver os importes, o que, de incluír a tódolos funcionarios e letrados do órgano, podería supor un desembolso total de 100.000 euros para o ente.

Esta sentenza vai dirixida contra quen xa pesaban sospeitas, na investigación da Operación Cóndor, de “ter sido utilizado por un empresario do transporte para cambiar a lexislación”, o que, remachou Vilán, “tamén implica ao presidente e ao vicepresidente da Xunta”. Advertiu que a situación chegou a niveis esperpénticos cando coincidiron o mesmo día a súa comparecencia no Parlamento coa declaración nos xulgados de Lugo.

Criticou que está a infrinxir un “dano irreparable” á institución e evidencia que “non chegou á súa meta de respectar a Lei”, autoimposta cando compareceu no Parlamento, polo que o goberno galego “ten que tomar unha decisión con respecto ao seu cese”.

Lei de Acompañamento

Vilán cuestionou a actuación da Xunta, disposta a modificar a Lei do Consello Consultivo, a través da Lei de Acompañamento que será votada o próximo luns, para suprimir o corpo de letrados do órgano e integralos no corpo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma “e por libre designación”. Advertiu que “a esta modificación non é alleo o vicepresidente da Xunta”, máximo responsable dos servizos xurídicos.

Advertiu que o presidente quere “quitar do medio aos letrados molestos”, como vén facendo dende que tomou posesión en xullo de 2014. A partir daquela data os asuntos tratados polo órgano son repartidos arbitrariamente polo seu presidente e non asignados en orde de entrada, como viña sendo habitual, dividindo o corpo entre os encargados dos asuntos “de trámite” e aqueles sobre os que recaen as cuestións de maior entidade.

A primeira consecuencia, ademais, de xerar un notable malestar entre os traballadores do ente, foi multiplicar o número de votos particulares, que pasaron de ser “casos puntuais” a sumar ata 22 dende xullo de 2014.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar