O PPdeG “xa non ten escusas” para continuar impedindo a dimisión do alcalde de Portas

O PPdeG “xa non ten escusas” para continuar impedindo a dimisión do alcalde de Portas

O PPdeG “xa non ten escusas” para continuar impedindo a dimisión do alcalde de Portas

Pablo García sinala que o recoñecemento de irregularidades obriga ao PP a demostrar o seu compromiso coa hixiene democrática

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, dixo que “xa non caben mais escusas do PP para impedir a dimisión do alcalde de Portas”. Así o sinalou logo de coñecer o recoñecemento de irregularidades e culpabilidade por parte do rexedor por fraude fiscal no uso de cartos públicos.

O responsable socialista sinala que o PP debe de demostrar o seu compromiso coa hixiene e a limpeza democráticas e a ética política cun alcalde que ven de asumir unha situación “moi similar nos termos” á do ex alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, quen dimitiu tras ter admitido defraudar o IVE de inmobles xestionados pola súa inmobiliaria. Explicou que o caso resulta “mimético” ao de Conde Roca logo de que o alcalde aceptara a comisión do delito para rebaixar a pena e evitar o cárcere.

Dixo que o alcalde “non pode continuar” no seu cargo e cualificou de “inadmisible” a situación do tamén presidente da Mancomunidade, lembrándolle a Feijóo que el mesmo como presidente anunciara que “non perdoaría a quen metera a man nos cartos públicos”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar