O PPdeG rexeita unha iniciativa dos socialistas para facer un plan anual de publicidade institucional e aportar máis transparencia “ao gasto e obxectivos de cada campaña”

O PPdeG rexeita unha iniciativa dos socialistas para facer un plan anual de publicidade institucional e aportar máis transparencia “ao gasto e obxectivos de cada campaña”

O PPdeG rexeita unha iniciativa dos socialistas para facer un plan anual de publicidade institucional e aportar máis transparencia “ao gasto e obxectivos de cada campaña”

Juan Carlos González SantínOs socialistas galegos presentaron hoxe unha proposición non de lei na que demandaban a realización de plans anuais de Publicidade e Comunicación Institucional, “nos que se ofreza de xeito previo información respecto ás campañas a contratar polo sector público, as dotacións económicas previstas e as alteracións que puidera sufrir dito plan”.

A proposta, presentada polo deputado socialista Juan Carlos González Santín e que non saiu adiante polo voto en contra do PPdeG, defendía a necesidade de “aportar transparencia, saber en que se gastan os fondos públicos nunha situación económica que provocou recortes nos servizos públicos”.

“Non se pon en cuestión a oportunidade e a necesidade da publicidade, senón a importancia de facer transparente o gasto, aumentando a eficacia na utilización dos recursos públicos”, afirmou Santín, que lembrou que a día de hoxe “cada consellería e cada dirección xeral fai a súa publicidade, en ocasións con partidas sen especificar”.

“Non hai estratexia de investimento conxunta, cos obxectivos e a xustificación de cada campaña, o período, a execución e os destinatarios”, engadiu. En opinión do deputado do PSdeG, “o coñecemento previo da publicidade institucional e o gasto que comporta constitúe un deber das institucións públicas”.

Diversas comunidades autónomas, así como a propia Administración central do Estado, dende hai anos, “veñen confeccionando os seus plans anuais de Publicidade e Comunicación Institucional, documentos públicos nos que se integran a previsión das campañas a desenvolver ao longo do exercicio seguinte”.

“A Xunta vén gastando nos últimos anos importantes dotacións económicas, de non menos de 25 millóns de euros no que levamos da actual lexislatura, sen que se teña un coñecemento suficiente ao respecto e sen que teña previsto abordar ningunha normativa ao respecto, pese ao comprometido no seu momento”, rematou González Santín.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar