O PPdeG oponse de novo no pleno do Parlamento á creación dunha comisión de investigación sobre a desaparición da caixa galega e as indemnizacións aos exdirectivos

O PPdeG oponse de novo no pleno do Parlamento á creación dunha comisión de investigación sobre a desaparición da caixa galega e as indemnizacións aos exdirectivos

O PPdeG oponse de novo no pleno do Parlamento á creación dunha comisión de investigación sobre a desaparición da caixa galega e as indemnizacións aos exdirectivos

A ausencia de Feijóo provoca un empate que foi desenvolto coa incorporación do presidente, logo de aprazar a votación, para votar en contra da Comisión de Investigación

O PPdeG rexeitou tamén incluír na orde do día as iniciativas lexislativas populares en defensa da sanidade pública e para a continuidade de Preescolar na Casa

O voto de Feijóo permitiu desfacer un empate para que o Grupo do PP rexeitara de novo a solicitude dos socialistas de crear unha Comisión de Investigación sobre a desaparición da caixa galega e o pago de indemnizacións millonarias aos seus directivos. A votación foi obrigada polo Grupo Socialista logo de que o PP se opuxera en tres ocasións a incluíla na orde do día do Pleno.

A votación tivo que ser repetida ata en tres ocasións pola ausencia do presidente da Xunta, o que produciu un empate a 37 votos entre o PP e a oposición, pero o aprazamento do punto, tal e como está regulamentado, permitiu que Feijóo se sumara ao Pleno para garantir co seu voto o rexeitamento a esta Comisión de Investigación por 38 votos contra 37, contradicindo a súa anunciada disposición a convocala.

O portavoz socialista, Abel Losada, considerou “difícil de entender” que Feijóo e o PP se opoñan de novo a esta Comisión de Investigación logo de que os responsables da entidade teñen sido chamados a declarar ao Congreso e a fiscalía teña acusado a diversos exdirectivos de apropiación indebida.

Engadiu que o PP se comprometera a abrir a investigación xa en setembro pasado e o propio presidente da Xunta dixera recentemente que se faría “si ou si” no próximo mes de setembro “ou antes”, malia o que os populares continúan bloqueando a creación deste órgano. Losada subliñou que “entendíamos que hai disposición” a constituír a Comisión de Investigación e dixo que “a transparencia é confianza no sistema financeiro”.

Losada obrigou a votar a inclusión deste punto na orde do día en base ao Regulamento do Parlamento, que permite alterar a axenda por solicitude unha quinta parte dos membros da Cámara. Explicou que o Grupo Socialista constitúe unha terceira parte da mesma, co que conta con maioría suficiente malia que o PP se teña oposto en reiteradas ocasións á súa inclusión nas reunións da Xunta de Portavoces.

Iniciativa Lexislativa Popular

O PP tamén rexeitou a proposta de incluír na orde do día as iniciativas lexislativas populares de Defensa da Sanidade Pública e da continuidade da Fundación Preescolar na Casa, malia que contan con tódolos requisitos legais para ser admitidas e votadas. Esta votación produciuse de novo grazas á maioría suficiente dos grupos da oposición, si ben foi rexeitada en primeira votación polos votos en contra do PP.

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, lamentou que o PP se teña oposto reiteradamente a incluír o debate destas iniciativas malia contar con tódolos requisitos para o seu debate “salvo a connivencia co Grupo de Feijóo”. Advertiu que este rexeitamento vai “en contra do discurso de achegar o Parlamento á cidadanía”, xa que os “populares” están a bloquear “o exemplo mais claro de democracia participativa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar