O PPdeG impide que prospere unha iniciativa socialista para poñer as vivendas baleiras no mercado de aluguer

O PPdeG impide que prospere unha iniciativa socialista para poñer as vivendas baleiras no mercado de aluguer

O PPdeG impide que prospere unha iniciativa socialista para poñer as vivendas baleiras no mercado de aluguer

Sánchez Bugallo, portavoz de vivenda, defendeu unha PNL para modificar a Lei de Vivenda e evitar a moral e politicamente inaceptable convivencia de familias sen vivenda, en infravivenda ou desafiuzadas cun parque de perto de 300.000 inmobles baleiros

Os socialistas propoñían medidas fiscais e amosáronse partidarios de recorrer a medidas sancionadoras no caso de que os propietarios sexan persoas xurídicas

Censura o desleixo do PP pola procura de solucións ao problema da vivenda ao que dedica o 0,2% dos Orzamentos, unha cantidade “notoriamente insuficiente”

vivendaO portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi o encargado de defender hoxe, en Pleno, a proposición non de lei pola que se instaba á Xunta a abordar a modificación puntual da lei de vivenda de Galicia, prevendo, entre outros aspectos, a posibilidade de adoptar medidas efectivas destinadas a incentivar a utilización das vivendas baleiras penalizando a súa situación de desuso, nos casos e circunstancias que se considere necesario.

A iniciativa, a pesar de “deixar aberto” un camiño para o diálogo sobre as medidas máis acaídas para poñer en marcha esta iniciativa “pero está claro que non están pola labor” reprochou aos populares.

O pasado mes de agosto entrou en vigor a nova Lei de Vivenda de Galicia, que “como pronosticáramos” non aportou ningunha solución real para o problema da vivenda, agravado pola falla de dotacións orzamentarias e pola “inexistencia dunha política de vivenda por parte do actual Goberno galego”, afirmou Sánchez Bugallo. A dedicación do 0,2% do Orzamento maniféstase “notoriamente insuficiente”.

O PP, explicou Bugallo, “non entende” que a vivenda é un “problema social de primeira magnitude”. Os populares acusa o parlamentario do PSdeG, non contemplan nos orzamentos ningunha medida para mobilizar este parque de inmobles baleiros.

Segundo o INE, que ven de facer públicos os datos de 2001 a 2011, Galicia ten o maior parque de vivendas valeiras en España, case 300.000, un 18,6% do total. Ourense e Lugo figuran á cabeza das provincias, A Coruña é a cuarta. Ademais oito concellos galegos están entre os primeiros 30 con máis de 20.000 habitantes.

O deputado socialista cualifica estas cifras de “escandalosas”, aínda salvando as particularidades do país como o abandono do rural e no interior e un parque de vivendas propiedade de emigrantes. Sobre todo si as cifras se poñen en relación coas familias sen vivenda ou vivindo en condicións de infravivenda, ou cos 3.511 desafiuzamentos do 2012 e aos 5.300 que estaban previstos no primeiro trimestre de 2013.

Unha situación “incomprensible e moral e politicamente inaceptable para os representantes dos cidadáns”, aseverou o deputado socialista.

O parlamentario desvincula a cor política da acción de “diferentes gobernos” encamiñadas a gravar ou penalizar os inmobles baleiros para procurar a súa saída ao mercado inmobiliario. Salienta o avance da Lei de Vivenda andaluza, que entrou en vigor recentemente, na que se introduce un procedemento sancionador ás vivendas propiedade de persoas xurídicas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar