O PPdeG impide a anulación do informe ambiental favorable á mina de Corcoesto

O PPdeG impide a anulación do informe ambiental favorable á mina de Corcoesto

O PPdeG impide a anulación do informe ambiental favorable á mina de Corcoesto

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, fixo hoxe un chamado á “responsabilidade” do Goberno galego e instouno a deixar sen efecto o informe favorable á Declaración de Impacto Ambiental da Mina de Corcoesto. Lamentou a falla de cautela dun goberno que só persegue o beneficio económico inmediato sen ter en conta o perigo para a saúde e o medio ambiente.

 

Vilán presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Medio Ambiente na que reclamoulle ao goberno galego que aplique os requisitos medioambientais que lle foron esixidos á mesma empresa na explotación da mina de ouro de Salave, en Asturias, para encetar unha minería respectuosa co medio ambiente.

 

A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que “tomen exemplo” do goberno socialista daquela Comunidade Autónoma, que aprobou a avaliación de impacto ambiental en Tapia de Casariego, pero impedindo que fora “a ceo aberto” e rexeitando a planta de tratamento, depósito de lodos e estériles e cianurización, que será feito fora de Asturias.

 

Lembrou que o proxecto contempla o uso de cianuro para separar o ouro da roca, e lembrou que o río Anllóns  conta cun elevado nivel de arsénico, prexudicando unha zona de especial protección medioambiental.

 

Espera

 

Patricia Vilán esixiulle ao goberno galego que paralice o proxecto en canto está a ser elaborada unha peritaxe da USC dos danos medioambientais, que foi solicitada polo Valedor do Pobo logo dunha denuncia presentada polos socialistas galegos. Ademais, lembrou que a propia empresa ten un expediente aberto por realizar probas xeotécnicas na zona sen licenza nin control medioambiental, denunciadas polos veciños.

 

Instou a que a Xunta deixe sen efecto o informe favorable á Declaración de Impacto Ambiental e “proceda á emisión dun novo informe que teña en conta tódolos estudos científicos elaborados ata o de agora”. Ademais, solicitou a anulación do procedemento de admisión definitiva do permiso de investigación da mina que abrangue 600 hectáreas en Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar