O PPdeG rexeita unha sanidade e educación universais e gratuítas e apoia a amnistía fiscal en cada ocasión que se lle presenta

O PPdeG rexeita unha sanidade e educación universais e gratuítas e apoia a amnistía fiscal en cada ocasión que se lle presenta

O PPdeG rexeita unha sanidade e educación universais e gratuítas e apoia a amnistía fiscal en cada ocasión que se lle presenta

María José Caride sinala que o PP se ten posicionado hoxe a favor de dispoñer desgravacións fiscais para seguros privados

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, lamentou que o PP estea “empeñado en rexeitar a sanidade e educación universais e gratuítas ao tempo que apoia a amnistía fiscal a cada oportunidade que se lle presenta no camiño”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei na Comisión de Economía do Parlamento para garantir os servizos públicos básicos.

O PP rexeitou esta proposta para blindar os servizos públicos en Galicia diante do recorte de 10.000 millóns anunciado por Rajoy. A iniciativa demandaba do Goberno central “que tome as medidas precisas para garantir que o sistema impositivo permita a cobertura dos servizos públicos básicos, nomeadamente a sanidade e a educación, que deberán ser universais e gratuítas”.

Caride advertiu que, coa votación de hoxe, o PP ten apoiado as desgravacións fiscais polas achegas a seguros médicos privados ou polos pagos a provedores privados de servizos sanitarios. Este grupo rexeitou a proposta socialista en contra das bonificacións fiscais, o que constata que o PP e o Goberno galego “utilizan a crise como escusa para privatizar e deteriorar a sanidade pública e o Estado do Benestar”.

Sinalou que os galegos e galegas “xa pagamos polos servizos públicos, e ademais facémolo proporcionalmente en función da nosa renda a través do IRPF”, mentres o PP pretende primar ao sector privado “quebrando a cohesión e a xustiza social”. Apuntou que, con esta votación, o PP tamén negouse hoxe a “demandar ao goberno de España a adopción das medidas axeitadas para que paguen os defraudadores en lugar de autorizar amnistías fiscais”.

O debate da iniciativa que tivo lugar esta mañá acadou o voto favorable de tódolos grupos do primeiro punto, que establecía instar á Xunta a “rexeitar a introdución de copago na atención sanitaria”. Sen embargo, o PP rexeitou os outros tres puntos incluídos na iniciativa.

Recorte

A responsable socialista solicitou hoxe o respaldo do PP para evitar que o recorte de 10.000 millóns de euros decidido por Rajoy e anunciado polo ministro De Guindos e sinalou que “dada a improvisación do Goberno sobre estes temas é preciso coñecer a opinión do goberno galego sobre a garantía da prestación dos servizos públicos básicos como a educación e a sanidade”.

Dixo que Feijóo “está poñendo aos pensionistas a pagar a sanidade pública, especialmente aos 730.000 que cobran as pensións mais baixas, de 691 euros ao mes. Cualificou de “escándalo” que o Goberno, por iniciativa de Feijóo, teña decidido cobrarlles por anticipado polos medicamentos para “facer as contas aos seis meses e devolverlles o que corresponda”, tal e como sinala a Lei.

Preguntou “por qué non discutimos cómo obter ingresos cun imposto ás grandes fortunas ou ás rendas do patrimonio, por qué non falamos de eliminar os privilexios fiscais á Igrexa ou en loitar contra a fraude fiscal” en lugar de “pensar en deteriorar a nosa sanidade”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe

- “O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a rexeitar a introdución do copago na atención sanitaria”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar