O PPdeG evita poñer coto ao abuso de probas con radioloxía para “camiñar cara a privatización garantindo o beneficio privado”

O PPdeG evita poñer coto ao abuso de probas con radioloxía para “camiñar cara a privatización garantindo o beneficio privado”

O PPdeG evita poñer coto ao abuso de probas con radioloxía para “camiñar cara a privatización garantindo o beneficio privado”

Carmen Acuña presentou unha proposición non de Lei para establecer un protocolo que limite a sobreutilización destas técnicas, que foi rexeitada polo PP

A parlamentaria socialista Carmen Acuña criticou hoxe que o PP teña impedido establecer un protocolo contra o abuso de probas diagnósticas con radioloxía nos hospitais galegos. Así o dixo no debate en Comisión dunha proposición non de Lei do PSdeG-PSOE neste sentido, que foi rexeitada polo PP porque, explicou “camiñan cara a privatización garantindo o beneficio privado”.

A responsable socialista considerou “inexplicable” que o PP teña votado en contra dunha iniciativa dirixida a limitar a sobreutilización destas probas. Deste xeito, criticou, “mentres recortan medicamentos e queren cobrar as camas e as comidas nos hospitais, renuncian a limitar estas probas, o que reduciría o importante risco para a saúde e suporía un importante aforro de recursos”.

Denunciou que “teñan sacrificado a saúde dos galegos por un puñado de euros para as empresas amigas” e para suprimir as gardas de radioloxía nos hospitais comarcais implantando o anillo radiolóxico. Con este sistema substitúen as ecografías por tomografías, xa que as primeiras, malia ser inocuas, esixen a presenza dun radiólogo, mentres as outras non a costa de empregar probas radioactivas.

Acuña presentou esta iniciativa logo de que os datos da Consellería de Sanidade revelaran un uso en Galicia dun 32 por cento mais da Tomografía Computarizada –antes TAC- que na media estatal. Salientou que actualmente son realizadas 10 tomografías por cada 100 habitantes, cando ao supor un 5 por cento do total de exploracións son responsables de entre un 50 e un 75 por cento da radiación emitida por causa médica.

En conclusión, sinalou que o control destes procesos, ademais do aforro de cartos para as contas públicas permite incrementar a seguridade e a saúde os galegos, xa que a sobreutilización destes procesos “disparou de forma alarmante as doses de radiación” soportadas polos pacientes. Lembrou que o simple uso de radiografías para o tratamento dunha escoliosis nun rapaz pode provocar leucemia.

Proposta

Acuña reclamou ao goberno galego que analice e regule a sobreutilización de probas diagnósticas que supoñan radiación para os doentes para evitar a discrecionalidade e a variabilidade que existe actualmente. O obxectivo é, engadiu, “sensibilizar e formar aos profesionais para optimizar a protección radiolóxica de forma continuada” e mesmo implantar unha cartilla dosimétrica obrigada para tódolos pacientes.

Propuxo o “establecemento e utilización de niveis de doses de referencia de diagnose para as exames radiolóxicas” aplicando os niveis europeos “co fin de diminuír a variabilidade dosimétrica existente”. Propuxo así “informar e sensibilizar” aos pacientes e profesionais sanitarios dos riscos e beneficios das exploracións que empregan radiacións ionizantes.

Apunta que este problema resulta “moito maior cando se trata de pacientes pediátricos”, polo que algúns países como Estados Unidos ou a propia UE “están alertando da sobreexposición iatroxénica a radiacións dalgúns pacientes e incluso algunhas comunidades autónomas están xa a tomar medidas”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar