O PP xa insinúa a privatizacion de Navantia

O PP xa insinúa a privatizacion de Navantia

O PP xa insinúa a privatizacion de Navantia

Sector Naval. Astilleros. AsteleirosA deputada socialista Beatriz Sestayo esixiulle á Xunta que responda das declaracións do alcalde de Ferrol insinuando onte a posible privatización de Navantia. Sestayo presentou unha pregunta na Comisión de Industria de hoxe na que constatou a intención do PP de aproveitar o desbloqueo da construción civil para vender o estaleiro público.

A deputada ferrolá aludiu ás declaracións do alcalde da cidade, que logo de deixar abandonada a Navantia apunta a necesidade de “plantexar a eficacia das empresas públicas e a posibilidade de apostar polo privado”.

Para Sestayo, estas palabras confirman que o PP “busca escusas para a privatización dun sector estratéxico” para a cidade e para toda Galicia, e criticou o “silencio cómplice do goberno galego” que hoxe negouse a responder á pregunta feita directamente pola deputada socialista.

Os socialistas galegos amosaron o seu apoio á manifestación que se está a celebrar hoxe nas rúas da cidade na defensa do sector naval e que evidencia que a cidade está “farta de mentiras e de enganos”.

Puerto Real

Beatriz Sestayo explicou que Ferrol “non admite que o PP xogue cos seus postos de traballo para facer especulación electoral”. Así o dixo logo de que Navantia trasladara 8 bloques dos floteis de Ferrol a Puerto Real para intentar manter a Deputación Provincial de Cádiz nas próximas eleccións municipais, que para o PP “demostra ser moito mais importante que os postos de traballo de Ferrol”.

Acusou a Feijóo de “rirse da cidade” logo de ter prometido 3.000 postos de traballo a costa dos floteis de Navantia, que se traduciron en tan só 140, para despois ver cómo parte da produción é levada a Cádiz. O mesmo Feijóo, dixo, era o “garante” do dique flotante, fundamental para recuperar a produción naval na cidade e que cada día que pasa demostra que “o goberno do PP non quere poñer un só euro para levalo adiante”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar