O PP vota no Parlamento contra o cumprimento da Lei de Servizos Sociais

O PP vota no Parlamento contra o cumprimento da Lei de Servizos Sociais

O PP vota no Parlamento contra o cumprimento da Lei de Servizos Sociais

DependenciaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou hoxe que o PP teña votado en contra do cumprimento da Lei de Servizos Sociais para priorizar a xestión directa dos servizos sociais por parte das administracións públicas galegas. Así o dixo no debate dunha moción presentada polo Grupo Socialista que foi rexeitada polo PP no Pleno do Parlamento.

A responsable socialista revelou que a Xunta tivo que pagarlle un millón de euros ás empresas adxudicatarias por manter os centros pechados e as prazas sen adxudicar. Gallego criticou o “despilfarro” provocado polo desleixo do goberno galego que “pagoulle ás empresas con prazas vacantes destinadas a unhas persoas que precisamente están agardando por elas”.

O goberno galego, dixo, quere “derrogar a Lei de Servizos Sociais por tramos”, polo que impón a xestión privada destes centros. Explicou así que dende o ano 2012, das 28 adxudicacións feitas polo goberno de Feijóo, ningún lle corresponde á xestión pública directa, cedéndolle 18 a empresas privadas e outras 10 á iniciativa social.

Ademais, engadiu, a Xunta “convoca as contratacións onde as empresas poden cobrar por prazas que non se ocupan e segue adiando e paralizando a apertura de centros” como os de Carballiño, Redondela, Valdeorras e outros. Explicou que tivo que resarcir a Fesan por manter pechados os centros de As Pontes ou Caranza, a Cogami por ter prazas vacantes en Begonte, Cuntis ou Vigo – Valadares, así como a Troncoso polos de Vilar de Barrio, Allariz e Maceda.

A responsable socialista censurou que o goberno galego “non se preocupe de ter que pagarlle a estas empresas en lugar de crear centros públicos”. Neste sentido, acusounos de incumprir a Lei de Servizos Sociais de Galicia, que esixe priorizar a xestión pública, e “de forma complementaria permite a xestión indirecta a través de concertos”.

Explicou que as beneficiarias son “empresas amigas” como a Fundación de Estudos e Análises, Fesan, relacionada co Opus Dei e con informes negativos por malos tratos ou baixa cualificación do persoal, Troncoso Servizos Sanitarios, xestionada por un alto cargo da Xunta na época de Fraga implicada en varios procesos xudiciais, e a UTE SIAD 24 Galicia, S.L.

Mentres os centros padecen os recortes do goberno galego, que impiden mesmo o mantemento mínimo pola falla de recursos, o goberno galego destina 11 millóns de euros para que unha empresa privada abra a residencia de Bóveda.

Ademais, reclamoulle ao goberno galego “información fidedigna” dos centros públicos construídos por Feijóo, logo de constatar que presentara 58 centros de día e 38 escolas infantís, apropiándose dos que foran planificados e mesmo construídos polos gobernos de Touriño e mesmo de Fraga.

Responsabilidade social

Gallego criticou que o PP teña votado hoxe en contra de introducir cláusulas de responsabilidade social na contratación destes centros apenas dous meses despois de telas aprobado no debate do Estado da Autonomía.

O PP rexeitou hoxe “introducir en todos os pregos de condicións para a contratación da xestión dos centros unha baremación que priorice ás entidades de iniciativa social, ás que teñan contratadas persoas con discapacidade, as que teñan plans de igualdade, as que fomenten o emprego e a mellora das condicións laborais e demais cláusulas sociais”.

Os socialistas reclamaron tamén “eliminar a cláusula que garante o 75 por cento das prazas vacantes aos adxudicatarios dos concursos que se realicen, para evitar o despilfarro de diñeiro público”. Lamentou que o PP rexeitara tamén “abrir de inmediato os centros públicos que permanecen pechados para garantir prazas ás persoas que están pendentes de recibir este servizo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar